En todos os exemplos feitos até agora, viches que fixemos cambiar os LEDs entre dous estados, HIGH e LOW, que adoitan corresponderse con aceso e apagado. Isto é así porque as saídas dixitais do Arduino só admiten eses dous estados, co cal parecería que non podemos conseguir situacións intermedias nas que, por exemplo, un LED alumee a media intensidade. Imos ver unha pequena "trampa" que nos permite acadar ese obxectivo.
Tamén imos ver unha das estructuras máis importantes en programación, que son as condicionais "if", que serven para que o programa decida facer ou non unha acción en función de que se cumpla unha condición.
Your new post is loading...