Xa que temos a Erika na casa e a ela non lle gusta ir durmir, o proxecto é o dunha lámpada de LED's que se acende con catro Led's cando prememos o pulsador. Cando pasa un tempo que podemos regular como queiramos, apagarase un dos LED, indicando que xa é hora de deixar o conto e que hai que prepararse para durmir. Un tempo despois, apáganse outros dous LED, porque xa é hora de pechar os olliños e tentar durmir, e o último LED apagarase un tempo despois, cando xa esteamos durmidos. Se no medio da noite nos despertamos para ir ao baño, podemos premer outra vez o pulsador e o ciclo se reiniciará.
|
Scooped by
Gumersindo Fernández
onto tecno4 December 18, 2012 3:01 PM
|