Cargador solar  | tecno4 | Scoop.it

Imos facer que unha placa solar se oriente automaticamente na dirección onde haxa máis luz. Para iso dispón de dous servos, un que move lateralmente a placa e outro que varía a inclinación, e catro resistencias variables LDR coas que compararemos a luz incidente desde 4 lados. Se a diferenza de luz obtida entre esquerda e dereita ou entre arriba e abaixo é superior á tolerancia establecida, os servos deberán orientar a placa ata que a diferenza estea dentro dos valores tolerados.

A idea é que, aproveitando ao máximo a enerxía solar mediante a orientación axeitada, poidamos alimentar un dispositivo coa enerxía eléctrica xerada (modo simple), cargar unha batería, cargar o noso móbil ou, ademais, poder medir algunhas magnitudes ambientais (intensidade da luz, temperatura, humidade, etc.) e amosar os datos nunha pantalla.