A aplicación do mes: Teclado galego para Android, gañadora do concurso de apps de Faite Dixit@l! | TIC & Educación | Scoop.it

A app permite integrar en dispositivos móbiles un teclado especificamente desenvolvido para escritura en galego. Incorpora un dicionario nesta lingua para facilitar a predición do texto. O xurado valorou a orixinalidade e innovación da aplicación, a súa usabilidade e a satisfacción dunha necesidade social, entre outros factores.

Unha vez instalada a aplicación, guiaravos para seleccionar o teclado no apartado “idioma e introdución de texto”, nos axustes do voso dispositivo. Tamén se recomenda activar o corrector ortográfico en galego.