Mapas libres na web a partires de 0 | GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra  | TIC & Educación | Scoop.it

O máis frecuente e recorrer ao mapa privativo de Google Maps co uso da súa API para integrar mapas nas publicacións.

A nosa intención e que os desenvolvedores e o público en xeral poidan dispoñer de habilidades que lles permita usar os recursos libres actualmente dispoñíbeis, maiormente baseados en Open Street Maps, pero non só.

Unha das mais empregadas pola súa sinxeleza é LeafletLeaflet converteuse nos últimos anos nunha das alternativas mais empregadas para crear mapas interactivos con JavaScript, a súa biblioteca é pequena polo que é recomendábel para aplicacións móbeis.

Leaflet, é un proxecto moi sólido que dispón dunha documentación moi completa, isto faino unha alternativa moi apreciada polos noveis, conta tamén cunha comunidade moi activa en internet, onde comparten información e exemplos.

Outra alternativa é OpenLayers3OpenLayers é unha biblioteca JavaScript liberada baixo a licenza BSD para compor mapas dinámicos. Forma parte dos proxectos da Open Source Geospatial Foundation. Xunto con GeoExt é a combinación perfecta para crear unha aplicación «web mapping».