Presentación da “Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software”  | TIC & Educación | Scoop.it

O 20 de setembro, entre as 17.00 e as 18.00 horas, terá lugar no GaiásTech a presentación da “Guía de boas prácticas para liberación de contidos e software”, organizada pola Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega.

Promovida pola Xunta de Galicia, esta guía trata os aspectos prácticos que hai que ter en conta para publicar tanto contidos como software baixo unha licenza libre.