Un complemento permite publicar en WordPress os traballos colaborativos feitos en Google Docs | TIC & Educación | Scoop.it

Este engadido para Google Docs é compatible tanto con blogs en WordPress.com como para instalacións independentes de WordPress que fagan uso de Jetpack e o seu funcionamento é tan sinxelo como instalar o complemento para Google Docs a través da súa tenda dixital e cando teñamos o documento a publicar elaborado, ir ao menú de Add-ons e elixir WordPress.com for Google Docs, o que abrirá unha barra lateral na que podemos ver unha listaxe dos nosos blogs cun botón para gravar un borrador no que desexemos. Así podemos mandar o documento colaborativo a un blog, para logo darlle os toques finais no editor de WordPress antes da súa publicación.