A UVigo lanza o meirande dicionario plurilingüe do galego en app | TIC & Educación | Scoop.it

Universidade de Vigo vén de publicar o que sería o meirande dicionario plurilingüe do galego en aplicación móbil para Android. A ferramenta, habilitada xa en Google Play, vén da man do Seminario de Lingüística Informática. Chámase Galnet e inclúe traducións e sinónimos para dez linguas: galego, portugués, catalán, vasco, español, inglés, alemán, latín, italiano e chinés.