Resulta inconcibible este tratamento no século XXI, no que a tecnoloxía evoluciona a un ritmo vertixinoso, transformando continuamente a nosa maneira de vivir, traballar, relacionarnos ou comunicarnos. A tecnoloxía forma parte da nosa cultura, e cómpre entendela, traballar con ela e ser capaz, non só de usala de forma pasiva, senón tamén de forma activa, resolvendo problemas técnicos e creando dispositivos e sistemas que resolvan problemas e necesidades, especialmente para quen desexa dirixir a súa formación postobrigatoria cara ós estudos superiores técnicos, precisamente os máis demandados no mercado laboral aínda nunha situación de crise como a que estamos a vivir.