O Gaiás acolle sábado a edición galega da olimpíada de robótica | tecno4 | Scoop.it

Este sábado, de 9:00 a 15:00 horas, temos en Santiago unha cita coa intelixencia artificial, a automatización, as máquinas con capacidade de aprender e o espírito MakerEstamos a falar da cuarta edición local (galega) da WRO, a Olimpíada Internacional de Robótica, na Cidade da Cultura no Gaiás, iniciativa organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e Arkitas Robótica.