A Internet das Cousas e a placa Raspbery Pi centran hoxe unha charla da GPUL School na FIC | tecno4 | Scoop.it

Hoxe temos un encontro na Coruña cos obxectos conectados e co software-hardware máis accesíbel, económica, técnica e tecnoloxicamente, para converternos nós mesmos en impulsores e desenvolvedores de obxectos conectados. A charla Internet das Cousas e Raspberry Pi desenvólvese este martes na Facultade de Informática da UDC en horario de 18.30 a 20.00 horas, na aula 3.2. Vén da man do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), con centro de operacións na FIC, e abéirase ao seu programa de actividades de divulgación e participación GPUL School.