O software RPG Maker é unha aplicación para a creación de xogos de rol en 2D que se basea na utilización de elementos predeseñados para elaborar os nosos programas. Poderíamos dicir que é unha aplicación de programación por bloques predefinidos.
Na aplicación, ademais de utilizar os bloques predefinidos, o deseñador pode crear os seus propios mapas partindo de unidades gráficas que veñen incorporadas (tiles) ou deseñando as súas propias. O programador pode crear liñas de código ou scripts nunha linguaxe baseada en Ruby. Tamén se pode incorporar vídeo directamente no xogo.