Cando pensamos en computadores antigos nosa cabeza vaise a aqueles 386 que había que esperar media hora para que iniciase o seu sistema operativo (cando o tiña). Pero o certo é que os computadores existían fai moitos máis anos de que o cremos, concretamente uns 2.000.
Hai exactamente 115 anos dous mergulladores descoidados atoparon entre vasillas e xoias o que se pode considerar como o computador máis antigo do mundo. O chamado mecanismo de Anticitera é un aparello cheo de rodas dentadas e engrenaxes encaixadas dunha maneira que sorprende ata hoxe en día.