35 anos do Macintosh | tecno4 | Scoop.it

Tim Cook lembrou hoxe na súa conta de Twitter que hai 35 anos foi cando os ordenadores Macintosh dixeron ola ao mundo, ou sexa, que o 24 de xaneiro de 1984 foi cando Steve Jobs presentou ao mundo o seu Macintosh, un ordenador que custaba 2.495 dólares (o que hoxe serían uns 5.300 euros) sen a unidade externa de discos flexibles opcional, o que supuxo un importante salto dende o anterior LISA (que custaba 9.995 dólares).