Folla de proceso  | tecno4 | Scoop.it

Estou traballando a resolución de problemas tecnolóxicos co alumnado de 2º da ESO. Como sempre, inicio cada clase cunha breve introdución de contidos (non máis de 15 minutos) seguida dunha serie de actividades que deben realizar individualmente en Classroom, moitas delas, a través de documentos de Drive.

Unha das tarefas da semana foi aprender a cubrir unha folla de proceso. Para iso, formulei un caso práctico no que dúas rapazas deben construír un obxecto formado por dúas pezas. Compartín este documento co alumnado e unha vez completado, revisei cada unha das follas de proceso para deixar os comentarios necesarios que lles permiten corrixir individualmente a tarefa.