Cando chegas á electrónica e vés da informática as cousas non son tan simples como para chegar a conclusións de que unha entrada dixital só depende de se pasa corrente ou non. Se tes empezado con Arduino e non entendes porque un botón precisa dunha resistencia conectada a GND para que funcione correctamente tal vez queras saber o motivo eléctrico ou un truco para evitala.
Este artigo trata de electrónica básica aplicada aos circuitos que teñen que ser leídos por unha entrada dixital en Arduino. E tamén dos sistemas electrónicos 'pull-down' e 'pull-up'.