Un quebracabezas ao día  | tecno4 | Scoop.it

Teño pendente ampliar a sección de impresión 3D para que englobe todo o relacionado con deseño e fabricación, pois o deseño en 2D e o corte manual o con láser tamén son moi interesantes para determinados proxectos, aparte de ser moito máis rápido de fabricar. Cada tipo de fabricación ten a súa utilidade.

Mentres non subo o material, vou publicando aquí a adaptación en galego que fixemos para o quebracabezas “A-Puzzle-A-Day” e que podedes reproducir se contades cunha cortadora láser. Trátase dun quebracabezas que consiste en poñer a data cada día do ano.