tecno4
2.4M views | +88 today
Follow
tecno4
Información asignatura tecnología
Your new post is loading...
Your new post is loading...

Popular Tags

Current selected tag: 'Codigo Octopus'. Clear
Scooped by Gumersindo Fernández
Scoop.it!

Curso Scratch Xornada STEM

Curso Scratch Xornada STEM | tecno4 | Scoop.it
Xornada para o fomento das vocacións STEM en Galicia 26 de febreiro de 2016 Código Octopus codigooctopus.org María Loureiro @tecnoloxia
No comment yet.
Scooped by Gumersindo Fernández
Scoop.it!

Descargas | Código Octopus

Descargas | Código Octopus | tecno4 | Scoop.it
No comment yet.
Scooped by Gumersindo Fernández
Scoop.it!

Código Octopus | Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria

Código Octopus | Programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria | tecno4 | Scoop.it

Con este post queda inaugurado oficialmente este espazo no que unha chea de polbos e outros animais mariños van intentar axudar ao profesorado galego a introducir a programación con Scratch nas aulas de Educación Primaria e Secundaria.

Aquí atoparedes moitos exemplos para aprender a programar con Scratch, unha morea de propostas didácticas para diversas materias e niveis e que, coas vosas achegas, temos intención de ir ampliando, un feixe de ideas e recursos para avaliar os proxectos de programación (non vos perdades os carnés de cefalópodo), e tampouco falta a xustificación pedagóxica de todo isto.

No comment yet.
Scooped by Gumersindo Fernández
Scoop.it!

Un polbo no ascensor

Un polbo no ascensor | tecno4 | Scoop.it

Xa queda menos para presentarvos Código Octopus. Estamos a darlle os últimos retoques antes da presentación oficial o vindeiro día 1. Veredes, entre outras cousas, que podedes utilizar Scratch para simular sistemas, como este ascensor con memoria.

[Scratch: Un polbo no ascensor 2]
Preme nos botóns da cabina ou no de cada planta para que se mova ata o piso que desexes. O ascensor dispón dememoria para almacenar as chamadas. Irá parando en cada un dos andares. 

No comment yet.
Rescooped by Gumersindo Fernández from TECNOLOGÍA_aal66
Scoop.it!

Código Octopus: programar con Scratch en educación primaria e secundaria

Código Octopus: programar con Scratch en educación primaria e secundaria | tecno4 | Scoop.it

Código Octopus é unha fonte de recursos en galego e inglés para o profesorado que desexe introducir a programación nas súas clases utilizando Scratch, linguaxe de programación por obxectos creado no MIT que permite crear facilmente historias interactivas, animacións, simulacións, xogos, música etc. A metodoloxía de traballo proposta está baseada na espiral da creatividade e propoñemos ferramentas de avaliación específicas.


Via Angel Acción Lamas
No comment yet.
Scooped by Gumersindo Fernández
Scoop.it!

Código Octopus

Código Octopus | tecno4 | Scoop.it

Xa está na rede Código Octopus, a web de programación multidisciplinaria con Scratch na Educación Primaria e Secundaria.

Scratch é unha interesantísima ferramenta para aprender a programar e que se pode utilizar en calquera materia desde educación primaria, ESO, Bacharelato ou FP. En Código Octopus podedes atopar múltiples exemplos de programas, xogos, e proxectos para realizar con Scratch, e interesantes ferramentas de avaliación.

Botádelle unha ollada á web de Código Octopus. Se queredes tamén podedes seguir o proxecto por twitter e Facebook.

No comment yet.
Scooped by Gumersindo Fernández
Scoop.it!

Scratch Tecnoloxía

Scratch Tecnoloxía | tecno4 | Scoop.it

Proxectos de tecnoloxía, útiles para crear unidades didácticas de programación con Scratch ou simplemente empregar como animacións.

No comment yet.