Sensor flex  | tecno4 | Scoop.it

O sensor flex ou sensor de flexión é un sensor que incrementa a súa resistencia cando é flexionado. Hai que flexionalo co lado raiado por fóra

Consiste nunha tira de plástico cun revestimento condutor. Cando o sensor está recto o recubrimento ten unha determinada resistencia, pero cando se dobra as partículas do revestimento sepáranse aumentando a súa resistencia.

Pódese utilizar para detectar o movemento dos dedos dentro dunha luva, a posición da bisagra dunha porta, etc.