Cando un servo ou motor comeza a moverse necesita máis intensidade de corrente que cando xa está en marcha o que provoca unha caída de tensión na placa no caso de estar alimentado a través dela.
Se só imos conectar un pequeno e único motor ou microservo e non lles imos dar moita tralla a alimentación dos mesmos pódese realizar a través da placa Arduíno. Porén, se vas utilizar varios motores e servos de maior consumo cómpre utilizar unha alimentación externa para os motores, xa que se non pode suceder que:
- o alto consumo de corrente dos motores faga que o programa non funcione correctamente ou incluso pode facer que se reinicie o Arduíno.
- pódese danar a placa Arduíno polas correntes de retorno que se poden producir.