Con esta montaxe contrólase a velocidade dun motor por PWM (modulación por impulsos). Utilizamos un transistor de media potencia para a posta en marcha cando accionamos o interruptor de arranque. Ao accionar o interruptor de arranque, detectamos unha entrada no pin 9 e facemos que na saída 5 PWM apareza unha voltaxe proporcional a lectura analóxica da entrada 0 regulada polo potenciómetro. A corrente que sae polo pin 5 cara ao transistor fai que este entre na zona activa, permitindo así que pase polo motor unha corrente proporcional a que recibe o transistor pola base.