Un enxeñeiro galego idea unha 'app' con gafas intelixentes para controlar o consumo enerxético | tecno4 | Scoop.it

intelixencia artificial chegou para quedar, e cada vez estará máis presente en moitos dos aspectos da vida cotiá. O internet das cousas, vinculado a medios de transporte ou electrodomésticos, avanza xa entre nós, e vai mudar, con toda seguridade, moitas das tarefas que realizamos. Por outra banda, a emerxencia climática obriga a buscar novos camiños para aforrar enerxía e, deste xeito, reducir as emisións de combustibles fósiles. Estas dúas premisas impulsaron o traballo de fin de mestrado do enxeñeiro informático Óscar Blanco (A Coruña, 1992), que acaba de ser recoñecido como Premio Fin de Mestradoque outorga o Colexio Profesional en Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).