O ecosistema dixital da cidade da Coruña está a recibir a un novo axente, a asociación Monkey Laboratory (MOLAB), creada por estudantes de Comunicación Audiovisual e Informática da Universidade da Coruña que buscan formar unha comunidade de persoas con interese en formar parte da industria dos videoxogos de xeito profesional.
No Monkey Laboratory hai estudantes, ex-alumnos, profesores e profesionais, sendo moitas as disciplinas que poden abrirlles a porta ao mundo dos videoxogos, no que non só hai programadores, senón que nesta industria tamén traballan deseñadores, guionistas, ilustradores...