Neste videotitorial centrarémonos na ferramenta de creación de collages de imaxes de Picasa.
Picasa é unha completa ferramenta para ver, editar e organizar facilmente fotos no teu equipo.
Tras examinar todas as túas fotos, Picasa permite clasificalas e editalas conservando os orixinais nos seus emprazamentos, isto quere dicir que en ningún momento se van ver alterados os teus cartafoles orixinais nin a súa organización no teu equipo.
Ademais, Picasa permíteche crear presentacións animadas con audio a base dunha selección das túas imaxes e, como tratamos neste recurso, collages rápidos e sinxelos.
Via
Gumersindo Fernández