O investigador do CITIC Joaquim de Moura, Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática do CPEIG | TIC-TAC_aal66 | Scoop.it
O investigador da área de percepción, cognición e interacción do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Joaquim de Moura, é o gañador do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), polo seu TFM do Máster Universitario en Enxeñería Informática da Universidade de A Coruña, grazas ao seu traballo Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT.