THALASSA é un programa de televisión que explica historias humanas a través de persoas que viven en contacto co mar. Son historias que nos permiten coñecer países, xentes e múltiples realidades. Pero “Thalassa” é sobre todo unha mirada sobre o mundo que se expresa en reportaxes e documentais, en imaxes e en palabras. “Thalassa” é tamén unha actitude de curiosidade e de respecto polas persoas e as cousas.