Pais
64 views | +0 today
Follow
Pais
Recursos para la Orientación Educativa
Curated by Charo Lorenzo
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by Charo Lorenzo
Scoop.it!

Guía para pais de adolescentes

Guía para pais de adolescentes | Pais | Scoop.it

Guía que pretende aproximarse ao ámbito de relación e coñecemento mutuo que se dá no seo da familia entre proxenitores e fillos adolescentes.

more...
No comment yet.
Scooped by Charo Lorenzo
Scoop.it!

ORIENTACIÓN: PAUTAS: EVITAR PROBLEMAS DE COMPORTAMENTO

ORIENTACIÓN: PAUTAS: EVITAR PROBLEMAS DE COMPORTAMENTO | Pais | Scoop.it

Nesta publicación presentanse ideas sobre características do ambiente familiar que necesitan os fillos e fillas, e orientacións útiles de actuación para evitar os problemas de conducta.Amena, didáctica, atractiva...

¡ Bo recurso !

more...
No comment yet.
Scooped by Charo Lorenzo
Scoop.it!

CONSUMO RESPONSABLE

CONSUMO RESPONSABLE | Pais | Scoop.it

Cada vez máis vemos nos nosos centros comportamentos consumistas compulsivos por parte dos nosos alumnos acompañados non poucas veces de actitudes egoístas, esixentes e case despóticas cara aos pais. O descenso no nivel socioeconómico dalgunhas familias derivado da crise actual leva situacións dramáticas cos fillos excesivamente afeitos a un consumo desmedido, irracional e irresponsable. Daqueles barros...
Esta Guía editada por CEAPA intenta orientar ás familias cara a un consumo responsable que eduque dende pequenos na inhibición do impulso comprador e dote aos fillos da capacidade de demora da satisfacción e dunha axeitada tolerancia á frustración tan necesarios en tempos de axustes no presuposto familiar cando non de franca penuria.

more...
No comment yet.
Scooped by Charo Lorenzo
Scoop.it!

Guía de redes sociales para familias V 1.0

Guía de redes sociales para familias V 1.0 | Pais | Scoop.it
Portal web del Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios, CEDEC.Centro perteneciente al Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Gobierno de España.
more...
No comment yet.
Scooped by Charo Lorenzo
Scoop.it!

Guía para axudar aos adultos a falar da morte e o duelo cos nenos e adolescentes

Guía para axudar aos adultos a falar da morte e o duelo cos nenos e adolescentes | Pais | Scoop.it

Esta guía foi elaborada co fin de ofrecer axuda a todas aquelas persoas que están en contacto con nenos e adolescentes, e necesiten abordar a morte dun ser querido. Poñerlle palabras a este suceso non resulta nada doado e menos aínda se se trata de comunicárllelo aos máis pequenos.

Non obstante, a morte é un feito ineludible da vida, é dicir, todos os seres humanos imos ter que enfrontarnos a ela, por iso é importante poder dispoñer de recursos que nos axuden a afrontar esta realidade da mellor forma posible.

Ocultar, temer, calar ou dar respostas e explicacións erróneas sobre o que sucede a noso arredor só fará que a experiencia da morte, ademais de resultar sumamente dolorosa, poida converterse en algo complicado ou patolóxico.

Os nenos e os adolescentes acusan a morte dos seus seres queridos, senten e cuestiónanse moitas cousas. As súas preguntas, os seus temores, as súas inquietudes e a súa dor han de ser escoitados e atendidos.

Moitas son as dúbidas que nos sobreveñen no momento en que nos formulamos falar e atender aos nenos e adolescentes cando falece unha persoa do seu ámbito:

«Como lle explicamos o que sucedeu? Pode chegar a entender que é a morte? É mellor contar ou non contar? Que facer se nos pregunta? É diferente a vivencia da morte se o neno ten 5 anos ou se ten 10? Pode estar un neno en duelo? Como o podo axudar? Necesita unha axuda especial? É bo que nos vexa tristes? Temos que evitalo o sucedido? Que poden facer os profesores cando un neno se encontra en duelo?»

more...
No comment yet.