RELATOS DE AMOR SAN VALENTÍN
8 views | +0 today
Follow
RELATOS DE AMOR SAN VALENTÍN
Estas son las cartas ganadoras del IES Isidro Parga Pondal de Carballo que optarán al Concurso ARCE de San Valentín
Curated by Lourdes Otero
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by Lourdes Otero
Scoop.it!

CONCURSO DE "SAN VALENTÍN"

CONCURSO DE "SAN VALENTÍN" | RELATOS DE AMOR SAN VALENTÍN | Scoop.it

Ola Nico...

A verdade é que non sei que fago escribindo esta carta, porque o máis seguro é que non a chegues a ler, xa que non teño coraxe suficiente para darcha.

Ti ben sabes que eu paso dos rapaces, que sempre digo que todos sodes iguais, que só facedes dano, e por iso me prometín non fixarme nun rapaz ata ser máis maior, e cando atope a un que realmente sexa diferente. Pero apareciches ti. Dende o primeiro momento levámosnos xenial, sempre meténdonos o un co outro e ti toleándome coas túas bromas, aínda que cando estaba mal, sempre te preocupaches por min e sempre me axudaches.

Pero agora, como estou castigada e non imos ao mesmo instituto, xa case non falamos. As tardes enteiras falando pasaron a ser quince minutos dos días qeu saio cedo de clases e podo conectarme e falar algo contigo.

Sempre lle neguei ás miñas amigas que sentise algo por ti. “Só somos amigos”, dicíalles eu, pero sei que non me crían... e a verdade é que, no fondo, eu a min mesma tampouco. Pero tiña tan metido na cabeza esa medo a sentir algo e sufrir,que non me daba conta do que estaba ocorrendo.

“Es a miña droga”, lémbraste? Sempre dicíamos iso, que non podiamos vivir o un sen o outro... todo comezou como unha broma, pero xa non é así. Paso os días enteiros pensando en ti, a cada momento, aínda que non queira, aínda que pense noutra cousa, sempre hai algo que fai que acabe pensando en ti. Cada vez que escoito unha canción de amor, inevitablemente imaxino que nós somos os progatonistas desa historia. Cando vou pola rúa, desexo que sexas aquel rapaz que ven ao lonxe, pero nunca es ti...

Amor? Realmente non o sei. E se non é así? E se isto só é que te estraño, pero como amigo?... Pero teño máis amigos e non paso o día pensando neles...

Nico... eu non quería... non quería, e ti sábelo... sempre cho dixen. Eu non quería sentir isto, non quería pasalo mal... non quero perderte por isto.. e se é unha obsesión? E se meto a pata e resulta que ó final non é nada?... Gustaríame que fose iso... que non sentise nada por ti, só amizade, só amigos... pero xa non sei o que sinto... xa non sei nada, só sei que te quero.

Alba Pérez
1º BAC C

more...
No comment yet.
Scooped by Lourdes Otero
Scoop.it!

CONCURSO DE "SAN VALENTÍN"

CONCURSO DE "SAN VALENTÍN" | RELATOS DE AMOR SAN VALENTÍN | Scoop.it

Podería dicirche que o foches todo e moito máis; o que me daba forzas para aguntar calquera cousa, o que fora con tal de verte ao día seguinte; o que máis quixen na vida, o que máis quixen no mundo.
O que coas súas palabras de cariño facían que me sentise querida día a día, protexida, importante para alguén. En cuxos ollos parecía reflexarse un amor mutuo. Ti, que foches máis que un amigo, máis que un simple compañeiro; ti, que repito, fóchelo todo.
Eses momentos nos que só a túa mirada podía tranquilizarme somerxéndome nun lugar distinto, libre de preocupacións e no que as horas nunca se perdían. E os teus bicos, capaces de facerme que os problemas non eran máis que un débil obstáculo superado por un simple salto e capaces de calarme, facerme olvidar que o mundo seguía xirando.
Contigo non facía falta dicir nada, podíamos estar unha, dúas ou tres horas abrazados sen dicir nada porque o tempo era como se non existise, pensado en nada, mirando nada, observándoo todo.
Pero podería seguir escribindo recordos, agora somerxidos en bágoas… Doume conta que non merece a pena, porque sei que para ti todo foi nada.
Antía Baget Fresard
3º ESO C

more...
No comment yet.
Scooped by Lourdes Otero
Scoop.it!

SEGUNDA CARTA GAÑADORA

SEGUNDA CARTA GAÑADORA | RELATOS DE AMOR SAN VALENTÍN | Scoop.it

POR TI

Dulce aroma embriagador
que al inhalar, el alma llena,
como abrazo de consuelo
o caricia suave y tierna.

Semejante a brasa ardiente:
abriga, templa, caldea.
Sentimiento irracional,
caprichoso y de novela.

Cuando ausente como invierno.
Cuando llega, primavera.
Cuando primerizo, pasión.
Cuando veterano, prospera.

No hay fuerza ni deidad
que de ti separarme pueda,
pues inquebrantables son
las cadenas que me aferran.

Qué haría yo con mi vida
si no te tuviese cerca.
Tan lóbrego mi futuro,
tan profunda mi pena.

A ti, mis ojos buscan.
A ti, mi mente besa.
Por ti, doy toda mi alma.
Por ti, mi corazón cesa.

Que por ti, los vientos bebo;
más allá no veo fronteras,
más de las que queramos tener
pues el amor rompe barreras.

Juan I. Montes
1º BAC C

more...
No comment yet.