real club celta de vigo
4 views | +0 today
Follow
real club celta de vigo
Noticias do Real Club Celta de Vigo
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Fagámolo polo Celta

Fagámolo polo Celta | real club celta de vigo | Scoop.it

Adoita dicirse que nunca chove a gusto de todos. E é certo. Sexa cal for a situación, sexan cales sexan as circunstancias, sempre haberá seguidores e detractores, opinións favorables e desfavorables, concordancia e discordancia.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Borja: "Celta e Depor están por encima do resto"

Borja: "Celta e Depor están por encima do resto" | real club celta de vigo | Scoop.it

Borja considera que os dous equipos galegos da categoría, o Dépor e o Celta, están «por encima do resto», pero puntualizou que o ascenso aínda non está garantido. «Perdes un partido, éntrache o canguelo, empatas outro e achegar os rivais», comentou Borja, que asinaría a día de hoxe o ascenso do Deportivo e recoñeceu que lle gustaría» que lle acompañasen «o Celta e o Valladolid», no que militou.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Os detalles de Celta TV no día do seu estreno

Os detalles de Celta TV no día do seu estreno | real club celta de vigo | Scoop.it

Esta mañá no estadio de Balaídos presentouse a nova canle de comunicación do club, a través dunha produtora viguesa que se encargase de deseñar, gravar e emitir todos os contidos da nova televisión que emitirá a través de Internet, con programación continua. O seu director, Carlos Bermúdez, presentounos cales serán as pautas e cara a onde crecerá este proxecto.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Papá, ¿por qué somos do Celta?

Papá, ¿por qué somos do Celta? | real club celta de vigo | Scoop.it

Roi agarraba a man do seu pai mentres se achegaban á porta de entrada a Balaídos. Era un día estraño xa que non adoitaba cruzarse con tanta xente camiño do estadio. Sen saber moi ben porqué, notaba que a man do seu pai apertaba a súa de forma diferente, dunha forma case litúrxica, leváballe polo aire coma se tivese máis présa da habitual. Ao chegar á butaca, Roi deuse conta de que hoxe non podería xogar nos asentos lindeiros cos seus xa que estaban ocupados por uns mozos que portaban camisetas do Celta e unha bandeira enorme que ondeaban mentres saían os xogadores ao campo. Era un día especial.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Djukic: "Ante o Celta decidirase por pequenos detalles"

Djukic: "Ante o Celta decidirase por pequenos detalles" | real club celta de vigo | Scoop.it

Miroslav Djukic asegurou en rolda de prensa que o ascenso a Primeira división pasa por "facerse fortes en casa" e subliñou que o próximo partido do Valladolid, o do próximo sábado ante o Celta, decidirase "por detalles".
"O Celta é un bo equipo, con moitísima calidade e en boa serie nos últimos partidos de Liga" · "É un conxunto moi parecido a nós, que dá moita importancia ao balón e que arriba ten moita verticalidad e mobilidade, é moi rápido"

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Borja Oubiña estará tres semanas de baixa

Borja Oubiña estará tres semanas de baixa | real club celta de vigo | Scoop.it

Chegan os primeiros contratempos para o Celta. Borja Oubiña estará tres semanas de baixa debido a unha pequena rotura de fibras, de grao un, no recto anterior da coxa dereita.

O futbolista someteuse este xoves a unha ecografía que confirmou as peores noticias. O mediocentro retirouse o mércores do adestramento, pero as súas molestias non revestían gravidade nun primeiro momento.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Madinda, novedad no entreno

Madinda, novedad no entreno | real club celta de vigo | Scoop.it

A Madroa segue dando os seus froitos. O último que apunta a estar baixo a batuta de Paco Herrera é Levy Madinda. O internacional gabonés chegou da Copa África pedindo protagonismo no primeiro equipo. Esta mañá xa gozou do seu primeiro adestramento cos "maiores".

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Javi Guerra confía en recortar puntos al Celta

Javi Guerra confía en recortar puntos al Celta | real club celta de vigo | Scoop.it

"Unha derrota afástache dos primeiros postos" · "O Celta é un equipo que xoga moi ben, que está coa moral alta"

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Viaxe a Valladolid coa peña

Viaxe a Valladolid coa peña | real club celta de vigo | Scoop.it

De cara ó encontro Valladolid – Celta que se disputa o sábado 3 de marzo as 18:00 horas no estadio José Zorrilla, organizamos desprazamento en autobús ata a cidade pucelana no mesmo día para presenciar o encontro. A importancia do encontro, onde se enfrontaran dous dos máis importantes equipos na loita polo ascenso, fai que o noso apoio sexa esencial.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

A cabeza do Celta

A cabeza do Celta | real club celta de vigo | Scoop.it

Mario Bermejo foi un dos mellores xogadores do Celta na mañá de hoxe. O cántabro recuperou o olfacto goleador anotando dous goles de cabeza que deron, primeiro o empate, e logo o 4-2 que daba a tranquilidade ao equipo, aínda que aínda quedaría sufrimento. O cántabro está vivindo unha tempada especial, situado nunha posición de mediapunta que lle resulta estraña, pero na que confía cegamente Paco Herrera.
O futbolista celeste, á conclusión do partido recordaba que aínda queda moito traballo por diante: "A situación é moi boa, pero aínda queda moito por diante. Quedan moitos partidos difíciles, non só ante os rivais de arriba, senón tamén ante os de abaixo, que van ser partidos moi complicados. Temos que seguir na mesma liña, non conformarnos con gañar estes partidos importantes, senón seguir cos sucesivos porque vai ser unha liga moi longa", comentaba o cántabro ante os micrófonos da TVG.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Herrera: "O ano pasado viñémonos abaixo en marzo, pero este ano temos solucións aos problemas"

Herrera: "O ano pasado viñémonos abaixo en marzo, pero este ano temos solucións aos problemas" | real club celta de vigo | Scoop.it

Paco Herrera cre que o Almería é un serio candidato a subir. Aínda que estaba máis contento que nunca pola vitoria, o adestrador do Celta non quixo esquecerse do seu rival e eloxiou o estilo de xogo e os xogadores branquivermellos: ?O Almería encantoume porque o fai todo fácil. Non necesita facer o esforzo do Celta. Xoga balón longo sobre Ulloa, Goitom ou Soriano, que a aguantan, e conectan coa parte de arriba con facilidade. Nós necesitamos tocar máis. É o equipo que máis me gustou ata agora?

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

A Primera chégase dende Balaídos

A Primera chégase dende Balaídos | real club celta de vigo | Scoop.it

A Primera chégase desde Balaídos - Celta e Almería, dous rivais directos na loita polo ascenso directo a Primeira División, medirán as súas aspiracións en Balaídos, con ambos no seu mellor momento da tempada logo de encadear dez jornadasconsecutivas sen perder.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

As tres renovacións están a punto e Toni seguirá

As tres renovacións están a punto e Toni seguirá | real club celta de vigo | Scoop.it

A segunda comparecencia da tempada do director deportivo, Miguel Torrecilla, serviu para confirmar que a continuidade de Joan Tomás, Catalá e De Lucas están preto de pecharse sendo a deste último a máis inminente. Así mesmo o coruñés Toni tamén seguirá o ano que vén ao confirmar o propio dirixente que non se fará efectiva a clausula para finiquitar o seu contrato en xuño.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Túñez: “Temos que sair a gañar en Las Palmas y Huesca”

Túñez: “Temos que sair a gañar en Las Palmas y Huesca” | real club celta de vigo | Scoop.it

Para iso ten dúas visitas consecutivas ao aprazarse a xornada do 21 de marzo a maio: "Estes partidos que veñen son moi importantes, hai enfrontamentos directos, se gañamos podemos sacar máis puntos de vantaxe. Temos que saír a gañar nas Palmas e Huesca." Ademais está na súa man bater a marca de vitorias consecutivas, algo que a Túñez non lle preocupa: "Nós imos gañar e nada máis. Se batemos o record, son estatísticas, o importantes son tres puntos. Non lle damos ningunha importancia, o único que queremos gañar."

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Peña: "O do Celta será un partido bonito, pero non definitivo"

Peña: "O do Celta será un partido bonito, pero non definitivo" | real club celta de vigo | Scoop.it

O lateral esquerdo valisoletano Carlos Pena apunta á titularidade cos de Valladolid para o partido do sábado, ao que cualificou onte de «moi importante, atractivo e bonito, porque o Celta é un rival directo, aínda que tampouco será definitivo, debido a que aínda quedarán moitas xornadas de Liga».

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Aspas: "Non me sorprendería ser suplente en Valladolid"

Aspas: "Non me sorprendería ser suplente en Valladolid" | real club celta de vigo | Scoop.it

Iago Aspas regresará presumiblemente mañá ao once titular do Celta tras cumprir sanción fronte ao Almería nun partido tan brillante do equipo de Herrera que ao moañés non lle estrañaría ser suplente. O máximo artilleiro celeste opina que o Valladolid é o mellor equipo da categoría, xunto ao Celta, que debe ser fiel a si mesmo para gañar.

 

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

David Rodríguez: "Hay que ser ambiciosos, pero que non nos obsesione o liderato"

David Rodríguez: "Hay que ser ambiciosos, pero que non nos obsesione o liderato" | real club celta de vigo | Scoop.it

David Rodríguez sinalou que o Celta debe ser "ambicioso" e "mirar cara arriba", aínda que ao mesmo tempo advertiu de que obsesionarse co liderado, que agora ocupa o Deportivo con 2 puntos de vantaxe sobre os celestes, sería un erro. "Temos que mirar cara arriba porque este equipo non ten teito, pero tampouco temos que obsesionarnos co liderado nin co Deportivo".

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Vila y Bellvís quedanse en Vigo

Carlos Bellvís e Jonathan Vila son os dous xogadores do primeiro equipo que non viaxarán a Elxe. O regreso de Hugo Mallo tras cumprir un partido de sanción e a polivalencia de Oier Sanjurjo, que pode actuar tanto de central como de lateral, permiten a Paco Herrera deixar na cidade olívica a dous homes de perfil defensivo.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

¿Qué Celta es mejor? - Canal Celta - Farodevigo.es

A comparación entre o conxunto vigués desta tempada e a anterior é inevitable. Logrará o equipo que dirixe Paco Herrera este ano dar o paso definitivo cara a Primeira?

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Entrega das insignias de ouro do clube | Comando Celta

Entrega das insignias de ouro do clube | Comando Celta | real club celta de vigo | Scoop.it

A peña estivo presente na entrega das insignias de ouro do Real Club Celta ós socios-aboados que cumplían cincuenta anos no clube. Entre os que recibiron tan merecido homenaxe encontrase o pai do noso vocal José Acosta “Cuco”, don José Eugenio Acosta Garrido, colaborador habitual da nosa agrupación. Foron once persoas as que levan tantos anos de paixón polas nosas cores, que xa viviron duas finais de Copa do Rei, todas as participación europeas e viron ao noso Celta en ata tres categorías distintas.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Sergio: "Hoxe impuxéronse os ataques ás defensas"

Sergio: "Hoxe impuxéronse os ataques ás defensas" | real club celta de vigo | Scoop.it

Sergio Álvarez estivo esta tarde nos estudios de San Marcos da TVG para comenta-las súas impresións sobre a victoria do Celta ante o Almería. O porteiro de Catoira quixo destaca-la importancia da victoria: "Sabiamos que era un rival importante e que se conseguiamo-la victoria os deixábamos a catro puntos, que son dous partidos, pero hai que recalcar que a segunda é moi longa". O xogador celeste mostrou a felicidade polo resultado, a pesar de ter encaixado tres goles: "O noso obxectivo era deixar a portería a cero, pero sabíamos que eles son moi perigosos. No partido de hoxe puidose ver que son ofensivos e no partido de hoxe impuxéronse os ataques ás defensas".

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

O Celta enamora a Balaídos

O Celta enamora a Balaídos | real club celta de vigo | Scoop.it

Mellor imposible. Así se pode resumir o choque desta mañá no estadio municipal de Balaídos. Falábase na previa de que este era o partido, este era o momento para dar un golpe sobre a mesa. Non só a nivel clasificatorio, onde os de Paco Herrera podían establecer un colchón de catro puntos sobre o terceiro clasificado. Tamén no emocional, pois os célticos contaban cunha oportunidade magnífica para enganchar a unha afección que, empuxada pola iniciativa do club, estaba decidida a darlle unha nova oportunidade aos vigueses. Estiveron os 9.000 de sempre, aos que se sumaron algúns máis polo atractivo do duelo. Estes fai tempo que beben os ventos polos futbolistas celestes. Con todo, os 6.000 restantes volveron namorarse, volveron reencontrarse con sensacións de épocas pretéritas e que abandonaran estes últimos cinco anos, volveron darse conta do bonito que é ser do Celta.

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

Joan Tomás: "Demos un golpe sobre a mesa"

Joan Tomás: "Demos un golpe sobre a mesa" | real club celta de vigo | Scoop.it

Joan Tomás foi un dos protagonistas da mañá onte en Balaídos. O catalán saíu desde o banco e volveu ser o revulsivo que todos esperamos, dando quizais máis motivos a Herrera para seguir considerándoo dese modo, algo que non preocupa ao catalán: "É o que me toca, pero non vou deixar de facelo o mellor posible polo feito de que poñan esa etiqueta. O míster ve que o equipo está gañando, así vai ben a cousa e non quererá cambiar", explicou Joan Tomás que asegura irse satisfeito coa súa actuación: "Estou traballando ben e estou seguro de que chegará a recompensa", aínda que quixo deixar claro que o primordial é o gruipo: "Se teño que estar así todo o ano e ao final ascendemos, estarei máis contento que ninguén"

more...
No comment yet.
Scooped by adriangomez_tics
Scoop.it!

O Celta da un golpe sobre a mesa

O Celta da un golpe sobre a mesa | real club celta de vigo | Scoop.it

O Celta dá un golpe sobre a mesa - O Celta (4-3) impúxose ao Almería nun partido no que se adiantaron primeiro os andaluces grazas ao pichichi Ulloa.Aínda que os de Alcaraz loitaron moi ben durante todo o encontro, o Celta conseguiu darlle a volta ao partido na segunda metade chegando a estar dúas por encima no marcador. Gran partido dos galegos que se afianzan na segunda posición tras as derrotas de Deportivo e Valladolid.

 

more...
No comment yet.