MIM@USC
65 views | +0 today
Follow
MIM@USC
Streaming: just the new radio?
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Dinamarca 2015: o streaming xa é o 72% da música gravada

Dinamarca 2015: o streaming xa é o 72% da música gravada | MIM@USC | Scoop.it

A revista MUSIC BUSINESS WORLDWILDE recolle datos da Federación Internacional da Industria Discográfica (IFPI): no 2010, os ingresos por streaming eran residuais; hoxe, ese capítulo supón o 72% da facturación por vendas de música gravada en Dinamarca. As descargas non pasan do 16% e a venda de soportes físicos queda no 12%. Os daneses escoitan en streaming 800.000 cancións distintas cada día e 100 millóns en total cada semana.

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Spotify: o "making of"

Spotify: o "making of" | MIM@USC | Scoop.it

A estas alturas do 2015, Spotify é a plataforma de streaming musical máis recoñecida no mundo. Este artigo da revista THE NEW YORKER conta (de xeito atractivo e informado) a historia da plataforma (e a do seu fundador, Daniel Ek) desde os seus comezos en Suecia no 2008. A pregunta que subxace é se Spotify é a solución ou un problema máis para a industria discográfica...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

APPLE MUSIC preséntase

APPLE MUSIC preséntase | MIM@USC | Scoop.it

Jimmy Iovine, produtor musical de éxito e co-fundador de Beats Music (comprada por Apple), presentou en xuño de 2015 a nova plataforma de streaming musical. Non hai novidades na tarifa individual (10 dólares como a maioría dos seus competidores). Quere diferenciarse co énfase na selección "humana" das súas playlists (coordinadas por Zane Lowe da BBC); coa facilidade para que artistas e aficionados conecten sen intermediarios (nun servizo que chaman Connect); e cunha tarifa familiar que vai obrigar a moverse (e moito) á competencia: por 15 dólares terás APPLE MUSIC para 6 persoas incluídas no teu plan Family Sharing. Actualización (agosto 2015): Eddy Cue, executivo á frente do servizo en Apple, asegura que 11 millóns de persoas se deron de alta desde o 1 de xullo.

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

[rdio] move ficha: tarifa mini de 4 dólares

[rdio] move ficha: tarifa mini de 4 dólares | MIM@USC | Scoop.it

Hai xa algunha semanas e en previsión da chegada de novos competidores (Apple Music), a plataforma de streaming musical [rdio] sacou unha nova modalidade de subscrición para Estados Unidos: 3.99 dólares danche acceso ilimitado a emisoras baseadas en artistas / cancións / estilos e podes descargar ata 25 cancións diarias. Esta tarifa todavía non aparece na súa páxina española :( Entre iso e que aquí non sabemos moi ben como pronunciar a marca, terán que facer algo pronto se queren ter clientes no noso país.

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Spotify contraataca: "por favor, Taylor Swift, volve con nós!"

Spotify contraataca: "por favor, Taylor Swift, volve con nós!" | MIM@USC | Scoop.it

Taylor Swift decidiu sacar a súa música de Spotify porque cre que quen escoite a súa música en Spotify debe pagar e non quere que esté dispoñible para os suscritores "free". O fundador de Spotify, Daniel Ek, escribiu unha carta como resposta, na que entre outras cousas, afirma que "Spotify non é o inimigo. Por que? Dúas cifras: cero e dous mil millóns. A piratería non lle paga nada aos artistas, nada, nin un can, cero. Spotify leva pagados dous mil millóns de dólares a casas de discos, editoras musicais e entidades de xestión. Os primeiros mil millóns de dólares desde que comezamos con Spotify en 2008 ata 2014 e outros mil millóns desde entón". 

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Streaming-1 Piratería-0

Streaming-1 Piratería-0 | MIM@USC | Scoop.it

Informes recentes apuntan a unha posible correlación entre o descenso do tráfico de páxinas de descarga e o aumento de plataformas de streaming como Netflix ou a versión online de HBO. O tempo dirá se isto é pura coincidencia ou hai unha relación de causa-efecto entre ambos feitos...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

WARNER MUSIC: "no que vai de 2015, ingresamos máis por streaming que por vendas"

WARNER MUSIC: "no que vai de 2015, ingresamos máis por streaming que por vendas" | MIM@USC | Scoop.it

“O ritmo [ao que medran as cifras de streaming] deixa claro que nos próximos anos a xente desfrutará a música [usando plataformas de] streaming".  Eso (entre outras cousas) é o que di en maio de 2015 un tal Stephen Cooper, xefazo do Warner Music Group. 

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

O Congreso dos EUA vai cambiar as licenZas musicais

O Congreso dos EUA vai cambiar as licenZas musicais | MIM@USC | Scoop.it

As normas legais relacionadas coa protección da propiedade intelectual e as porcentaxes que rexen os pagos de licencias musicais son doutra época moi anterior á revolución dixital. O Congreso dos EUA está escoitando á industria antes de dictar novas leis e un dos comparecentes é Darius Van Arman, co-fundador e co-propietario de Secretly Group, unha casa de discos independente con base en Indiana. Tan descoñecido como lúcido, o seu testemuño é contundente ao denunciar as prácticas monopolísticas das "majors" do disco, empeñadas en facer trampas aos seus artistas á hora de repartir os ingresos por royalties: "as compañías independentes confían en que o Congreso e a Oficina do Copyright estén de acordo en que as licencias con cotas fixas para a difusión non interactiva deben ser potenciadas (porque equilibran o campo de xogo), que [prácticas pouco transparentes como o "breakage"] non deben ser incentivadas e que o sector indenpendente debe dispoñer de máis ferramentas, como as leis anti-monopolísticas, para [combater] a concentración do mercado". 

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Steve Albini: "a industria musical é un parásito e o copyright está morto"

Steve Albini: "a industria musical é un parásito e o copyright está morto" | MIM@USC | Scoop.it

“As plataformas de streaming musical non teñen unha gran calidade de audio, pero esa non é a razón pola que escoitas música nunha desas plataformas; falo porque é cómodo. Nos anos '60, tiñamos transistores e a calidade do son era terrible, pero podías levar a radio á piscina ou cociñar mentres a escoitabas". O produtor de grupos como Nirvana ou Pixies non ten pelos na lingua e este artigo contén algunha das perlas que soltou no Primavera Sound...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

2013: un antes (ruinoso) e un despois (esperanzador)

2013: un antes (ruinoso) e un despois (esperanzador) | MIM@USC | Scoop.it

Se en 1999 (o ano de Napster), as ventas de discos comezaron a caer en picado dun xeito que parecía imparable, 2013 foi o ano en que a industria discográfica comezou a respirar de novo. A chegada da tenda de iTunes en 2003 supuxo un remedio parcial, pero houbo que agardar a 2013 para que Frances Moore, responsable da IFPI (International Federation of the Phonographic Industriy) afirmase que a industria discográfica estaba "claramente en vías de recuperación". Moitos aseguran que ese cambio de tendencia ten relación directa co fortalecemento das plataformas de streaming. Se iso é así, estaríamos asistindo a un cambio de modelo e pasaríamos de "posuír" a música a "alugala".

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Spotify explicado por Spotify

Spotify explicado por Spotify | MIM@USC | Scoop.it

"Cando atraemos aos oíntes á nosa modalidade gratuita [free], financiada con publicidade, estamos alonxándoos da piratería e doutras plataformas que producen menos ingresos, co que conseguimos que eses oíntes xeneren moitos máis royalties que antes de apuntarse a Spotify. Unha vez dentro, procuramos atraelos á nosa modalidade de pago [premium], co cal conseguimos que gasten alomenos o doble en música; se un consumidor estadounidense gasta de media 5 dólares ao mes, con Spotify esa cifra pasa a ser de 10 dólares. [...] Do total que ingresamos, case un 70% destinámolo a pagar royalties. Ese 70% asígnase aos donos dos dereitos dacordo coa popularidade da súa música na nosa plataforma. A continuación, a casa de discos ou editor reparten eses ingresos cos seus artistas en función dos acordos que teñen con cada un deles. Cando pagamos a un licenciatario, proporcionámoslle toda a información que precisan para saber a quen corresponde cada parte dos royalties". 

more...
Sarah Elizabeth Rounds's curator insight, November 5, 2015 6:39 PM

In this article, there are sub articles where Spotify explains how they contribute to the music industry, Spotify's progress, how Spotify make money, and how they pay royalties.  Buying physical copies of music started to decrease ever since 1997, and it wasn't until around 2004 when downloading started to increase.  Spotify offers free listening and premium subscription listening, both with limits and freedoms (advertising and shuffle playing).  Through these offers, Spotify is making money from advertisements and the subscription bill.  From the revenue, Spotify is able to pay the royalties to the labels and artists.  Also, since streaming sites are becoming more popular, more people are paying for the premium each month.

Dakota Whiteside's curator insight, November 7, 2015 10:02 PM

With the increased demand for streaming, a lot of people are either skeptical or unaware of how the artists are being paid for their work. Seeing as with streaming, you aren't exactly paying the artist themselves for their music, but more or less a third party company who then passes it along, it's kind of understandable. Well, artists do make money from streaming. No, they don't make as much as if you purchased the album itself, but they do make money from royalties on streaming.

Luis Manuel's curator insight, November 8, 2015 3:04 PM

Spotify is doing a great thing. They are increasing the royalties that the artists deserve. Instead of pirating music a lot of people are now using Spotify to listen to music without paying. By using ads and also a subscription program Spotify can pay out royalties to Artists.

Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

KOBALT Music Group: quen son e por que nos importan?

KOBALT Music Group: quen son e por que nos importan? | MIM@USC | Scoop.it

 "Os músicos din que no streaming non hai cartos. 'Pois iso non é correcto. Alguén non está a contar a verdade' [...] A plataforma online de KOBALT permite aos compositores comprobar cando unha das súas cancións está a ser difundida en DEEZER ou SPOTIFY, cando sona na radio, se vende nun disco, forma parte da banda sonora dunha película, se pincha nun pub, é pirateada por un fan nun vídeo de YouTube, se emprega nun programa de televisión ou acompaña unha promoción da Champions League; é dicir, en calquera parte do mundo, nun total de 700.000 distintos xeneradores de ingresos para unha mesma canción. Willard Ahdritz [fundador e xerente de KOBALT Music Group e sueco como o fundador de Spotify] cre que esta 'transparencia e rendición de contas' dará poder aos artistas. A súa plataforma dixital dalles acceso á 'caixa negra' dos ingresos das casas de discos e amosa aos artistas donde sona a súa canción, quen está pagando e canto".

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Premium todo o verán por 0,99 €

Premium todo o verán por 0,99 € | MIM@USC | Scoop.it

Os competidores do servizo de streaming musical de APPLE comezan un ataque preventivo; quen será o seguinte en mover ficha despois de DEEZER e [rdio]? En que estás pensando, Spotify?

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Que supón a marcha de Taylor Swift para Spotify?

Que supón a marcha de Taylor Swift para Spotify? | MIM@USC | Scoop.it

"As diferentes modalidades de streaming musical son, sen dúbida, o camiño que vai seguir a industria musical. Mentres o streaming de música medrou un 32% de 2012 a 2013, as ventas dixitais baixaron un 6% e as ventas físicas un 13%. As estruturas que permiten a Taylor Swift rachar records véñense abaixo para toda a industria. Deberíamos considerar a Swift non a heroína dunha nova era da distribución musical, senón a última mineira en recoller ouro antes de que o tinglado se desfaga por completo".

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"Windowing": outra palabra que debemos coñecer...

"Windowing": outra palabra que debemos coñecer... | MIM@USC | Scoop.it

"Os executivos [da maioría de plataformas de streaming musical] están de acordo en que as exclusivas temporais [ou "windowing"], é dicir ter un contido [só na túa plataforma aínda que só sexa durante uns días], van ser cada vez máis importantes. Cando todo o mundo asuma o streaming como algo habitual, o contido gañará en importancia porque será o xeito de diferenciarte da competencia".   

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"Breakage": un truco pouco transparente

"Breakage": un truco pouco transparente | MIM@USC | Scoop.it

"Breakage" é a diferencia entre o que as plataformas de streaming pagan as discográficas como avance é os royalties que realmente xeneran os seus artistas. En moitos casos, eses avances son máis altos que os royalties que finalmente produce a difusión por streaming. Cando iso sucede, que fan as discográficas? Son transparente cos seus artistas e dividen eses beneficios? Ata agora esas cantidades non eran moi significativas, pero o auxe do streaming fai que as discográficas ingresan por "breakage" sexa cada vez máis e os artistas afirman ter dereito a unha parte dese pastel. 

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Warner parece xogar limpo co "breakage"

Warner parece xogar limpo co "breakage" | MIM@USC | Scoop.it

"A terceira maior compañía discográfica do mundo está a distribuír adomenos unha parte [dos cartos procedentes dos avances] entre os seus artistas", segundo a publicación Music Business Worldwide.

more...
No comment yet.