Deputación de Lugo
9 views | +0 today
Follow
Deputación de Lugo
Novas sobre a Deputación de Lugo nos medios de comunicación
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

Máis de 200 lucenses redescobren co programa Km0 os concellos de Meira, Ribadeo, Monforte, Sober e O VicedoCronica3.com A Mariña - costa de Lugo - información da Mariña lucense

Máis de 200 lucenses redescobren co programa Km0 os concellos de Meira, Ribadeo, Monforte, Sober e O VicedoCronica3.com A Mariña - costa de Lugo - información da Mariña lucense | Deputación de Lugo | Scoop.it
Máis de 200 lucenses redescobren esta semana no programa Km0 os Concellos de Meira, Ribadeo, Monforte, Sober e O Vicedo

- As catro rutas organizadas no marco do proxecto medioambiental da Deputación dinamizarán a actividade hostaleira e comercial destes municipios

- O Deputado de Cooperación recibiu este martes ó primeiro grupo da semana, 48 persoas anotadas de xeito individual, que fixeron o itinerario O Pedregal

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

Multitudinaria marcha en Viveiro pola continuidade de Alcoa

Multitudinaria marcha en Viveiro pola continuidade de Alcoa | Deputación de Lugo | Scoop.it

Varios miles de persoas pediron medidas para garantir o futuro da fábrica de San Cibrao e a comarca

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

Entrega do cedé Con ton e son ao grupo Aires da Poxa

Entrega do cedé Con ton e son ao grupo Aires da Poxa | Deputación de Lugo | Scoop.it

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, fixo entrega este luns do CD “Con ton e son” ós compoñentes do grupo de Salcedo Aires da Poxa, da Pobra do Brollón, que recolle media ducia de temas de música tradicional galega, mesturada con composicións propias. O disco pertence a “Son Lugueses”, a colección de proxectos musicais editados e financiados na súa totalidade pola TIC co fin de impulsar ós artistas da provincia. Gómez Besteiro entregou á formación musical 1.000 copias do traballo audiovisual gravado nos estudos da produtora Miño Media, emprazados no municipio do Corgo.

Aires da Poxa naceu nos anos 80 froito das inquedanzas musicais dalgúns membros doutro grupo da parroquia pobrense de Salcedo, Limiar, como alternativa para seguir polo camiño da foliada e a alborada na comarca de Lemos. Tras a súa disolución, a mediados dos 90, a formación rexurdiu no mes de maio de 2010, para continuar o camiño emprendido no pasado. Neste último ano, a agrupación musical actuou en decenas de alboradas e festas en toda Galicia, incluído o Entroido da súa parroquia, no que nas dúas últimas edicións amenizou á espera da saída do afamado Oso de Salcedo. Aires da Poxa está composto por Xeila Castro e Álvaro Moscoso, nas gaitas; María Fernández, na pandeireta; Martín González, na caixa e voz; Alberte González, na voz e percursión; e Iván Pérez, no acordeón.

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

A Deputación repartiu 600.000 euros para axudas domiciliarias

A xunta de goberno da Deputación aprobou na reunión de onte a concesión de subvencións aos concellos para a prestación do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) básico nos municipios de menos de 20.000 habitantes, que na provincia de Lugo son todos menos o da capital. De acordo coa partida xa anunciada, o organismo destina este ano 600.000 euros, cun incremento do 20% con respecto ao anterior, superando amplamente os 454.000 euros que establecía a Xunta no plan concertado do ano pasado, segundo o criterio da institución lucense.

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

Os balnearios xa cubriron a metade das prazas do convenio coa Deputación

Os balnearios xa cubriron a metade das prazas do convenio coa Deputación | Deputación de Lugo | Scoop.it

O programa de estancias en balnearios da provincia destinado a persoas maiores de 50 anos, asinado por segundo ano consecutivo entre a Deputación e os responsables dos catro existentes, está a ter de novo unha boa acollida, segundo confirmou o presidente da entidade co gallo dunha visita a Guitiriz. José Ramón Gómez Besteiro confirmou que no mes transcorrido desde a apertura do prazo xa foron solicitadas 608 das 1.400 prazas dispoñibles.

 

O balneario de Pantón é o que máis prazas ten comprometidas, aínda que é o que máis incluíu no citado programa, seguido do de Guitiriz. O pantonense de Augas Santas recibiu 278 solicitudes, que representan o 37% das prazas que ofrece; Guitiriz ten comprometidas 212, que representan o 88%; as cen reservas realizadas no Termas Romanas, de Lugo, equivalen ao 59% da oferta, e no Río Pambre, de Pas, están inscritas 26 persoas, o 11%.

 

Besteiro considera que estes datos constatan que a riqueza termal da provincia e o patrimonio vinculado ás rutas xacobeas son «unha alternativa sólida para reactivar a economía lucense e desestacionalizar o turismo». Recordou que para os balnearios o verán é tempada baixa e este programa axúdalles a recuperar o nivel de ocupación. Vai destinado a persoas maiores de 50 anos residentes na provincia, con estancias de seis días e cinco noites, con pensión completa.

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

El Progreso - A Deputación de Lugo presenta un plan de emprego feminino dotado con 200.000 euros

Presentamos este mércores un plan de emprego feminino dotado con 200.000 euros co que se pretende "formar e ofrecer oportunidades de traballo a 200 mulleres de toda a provincia".

 

As accións formativas deste Plan de Emprego para as Mulleres levaranse a cabo durante 9 meses na Mariña e nas zonas centro e sur de Lugo.

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

As solicitudes para o vindeiro curso na Escola de Imaxe e Son aumentan case un 40% días antes de rematar o prazo de preinscrición

As solicitudes para o vindeiro curso na Escola de Imaxe e Son aumentan case un 40% días antes de rematar o prazo de preinscrición | Deputación de Lugo | Scoop.it

O prazo de preinscrición para o curso 2012-2013 na Escola de Imaxe e Son (EIS) está aberto dende o 22 de xuño ó 5 de xullo. Dende entón, xa formularon a súa solicitude para os ciclos superiores de Realización e Produción un total de 37 persoas, o que supón un incremento de case o 40% con respecto ó mesmo periodo no ano pasado. A maioría dos solicitantes proceden de 2º de BAC e, en menor medida, séguenlle os que pasaron as probas de acceso ou teñen outro ciclo superior.

 

Ata este xoves, todos os interesados en formarse no único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores na rama audiovisual poden presentar a seguinte documentación nas instalacións da Escola, situada na rúa Frei Plácido Rey Lemos da capital: fotocopia do DNI, certificación académica e o impreso cuberto que atoparán na web da Fundación TIC (http://www.fundaciontic.org/) ou na propia EIS.

Unha vez rematado este prazo, o 6 de xullo farase pública a listaxe de admitidos, así como os solicitantes que quedan en lista de espera e os excluídos. A matrícula, que por quinto ano consecutivo é gratuíta para os novos alumnos, poderá formalizarse do 10 ó 18 de xullo. A Escola de Imaxe e Son ofrece 44 prazas, 22 para cada un dos módulos de primeiro de Realización e Produción. O centro imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos. Desde o inicio das actividades da EIS, en 2003, preto de trescentos alumnos cursaron os seus estudos no centro. Pero non foi ata o ano 2009 cando, por primeira vez, se cubriron todas as prazas e, debido á elevada demanda, houbo lista de espera.

Entre os obxectivos prioritarios da Fundación está o de facilitar a insercion laboral dos alumnos da EIS. Na actualidade, a Fundación TIC mantén convenio con máis de 70 empresas nacionais do sector multimedia e ten asinados máis de 100 convenios de colaboración con ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da Escola leven a cabo traballos profesionais a través dun programa de bolsas que lles facilitan a súa incorporación ó mercado laboral.

more...
No comment yet.
Scooped by Deputación de Lugo
Scoop.it!

El Progreso - A Deputación mellora a traída de auga nun núcleo de Portomarín

El Progreso - A Deputación mellora a traída de auga nun núcleo de Portomarín | Deputación de Lugo | Scoop.it

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou os traballos de construción de novos depósitos de abastecemento para a parroquia de Castro-San Martín, en Portomarín, unha obra que permitirá corrixir as deficiencias dunha traída de auga que dá servizo a preto de cen persoas.

more...
No comment yet.