Basket Femanino
1 view | +0 today
Follow
Basket Femanino
En este tópico hai información sobre equipos galegos de baloncesto feminino
Curated by sara_ticsMGB
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by sara_ticsMGB
Scoop.it!

INFANTIL FEMININO - 7º XORNADA: C.B. ALLARIZ 25-34 PABELLÓN "B"

INFANTIL FEMININO - 7º XORNADA: C.B. ALLARIZ 25-34 PABELLÓN "B" | Basket Femanino | Scoop.it

Este sábado ás 16:00 desputábase no municipal de Allariz o partido infantil feminino contra O Pabellón B.

As alaricanas contaban coas baixas de Antia Alvarez, Laura Sotelo e Adriana. O que non impediu que as nosas rapazas tivesen opción de levarse o partido.

No primeriro cuarto a nosa defensa foi moi branda e en ataque non circulamos ben o balón, o que levou o remata deste parcial un resultado de 5-12.

No segundo período as sensacións foron totalmente distintas, as verdinegras dominaron claramente o xogo, e ensinaron mostras da sua melloría, acortando no electronico a diferencia a 3 puntos; o descanso chegouse con un ilisionante 15- 18.

Tra-lo descanso as nosas rapazas puxeron todo da sua parte para levarse o partido, tendo boas opción de canasta, pero a falta de acerto na definición provocou un pobre parcial de 2-6.

No último cuarto continuouse traballando duro, pero varios tiros exteriores das visitantes acabaron por decantar o partido a prol do Pabellón B. O resultado final foi 25-34.

Destacar o inmellorable ambiente que se viviu na grada

more...
No comment yet.
Scooped by sara_ticsMGB
Scoop.it!

VITORIA SEN BRILLO ANTE O AROS LEONÉS (69-57)

VITORIA SEN BRILLO ANTE O AROS LEONÉS (69-57) | Basket Femanino | Scoop.it

O Aros de león só foi capaz de aguantar un cuarto ao Codigalco carmelitas. Empezou forte o cadro visitante conseguindo pequenas vantaxes ao principio do cuarto que ao final do mesmo veríanse neutralizadas polo Codigalco (16-16).

No segundo cuarto, o Codigalco recorreu a unha defensa zonal que freou ás leonesas. O parcial de 25-9 deixaba practicamente resolto o partido ao descanso.

O terceiro período moveuse polos mesmos camiños cun Codigalco máis entoado en defensa, agora en individual, que fixo que as rendas movésense ao redor dos 20 puntos de diferenza chegándose a alcanzar unha máxima de 24 puntos a favor do Codigalco Carmelitas.

O último cuarto, o equipo leonés aproveito as rotacións do equipo local para maquillar o resultado, sen que en ningún momento perigase a vitoria para as anfitrioas.

Debutou nas ourensás a junior Ana Isabel Carballo. Así mesmo foi baixa Laura Alonso, afectada dunha enfermidade que a ten en cama desde o pasado mércores. Prevese que para este luns xa estea totalmente recuperada e a disposición do corpo técnico.

Como xogadoras máis destacadas: Marta Ginés no cadro visitante, con 23 puntos e Noelia Oliva no local con 16 puntos e 21 de valoración.

A próxima semana o visitante do Vedruna será o Universitario de Ferrol nun interesante duelo pola cuarta praza. Unha cuarta praza afastada para as ourensás pero que coa derrota esta xornada do Uni Tenerife en Valladolid está agora un pouco máis cerca, aínda que a vitoria ante Universitario de Ferrol antóllase imprescindible.

more...
No comment yet.
Scooped by sara_ticsMGB
Scoop.it!

Resultados do equipo sénior Pío XII

Resultados do equipo sénior Pío XII | Basket Femanino | Scoop.it

O equipo sénior do CB Pío XII perdeu en casa ante o Calasancias da Coruña un partido que, a priori, non parecía presentar moito perigo para as nosas. As coruñesas chegaban a Santiago ocupando a última posición da clasificación con só 3 vitorias no seu haber e acabaron demostrando que ese lugar non é o que realmente deberían ocupar, pero ausencias por estudos ou motivos laborais dalgunha das súas xogadoras motivaron esta situación. Endosáronlle a Pío XII a friorenta de 25 puntos no primeiro cuarto e permitíronse o luxo de chegar a dominar o marcador por 20 puntos de diferenza (17-37) a escasos 3 minutos para chegar ao descanso. Con todo, en apenas 6 minutos, encaixaron un parcial de 18-0 que meteu a Pío de novo no partido (35-37). Faltando 4 minutos para o final do terceiro cuarto as de Óscar empataron o partido a 39 pero, cando parecía que o máis difícil xa estaba feito, as coruñesas volvéronse a ir de 10 (42-52). As nosas non se deron por vencidas e volveron pór a igualdade no marcador (52-52, a falta de 3:39 para o final). De novo volveron tomar a dianteira as coruñesas que, ante as faltas á desesperada das nosas por volver recortar, acabaron aumentando a diferenza final ata os 10 puntos.

more...
No comment yet.
Scooped by sara_ticsMGB
Scoop.it!

SENIOR FEMININO - 18ª XORNADA: C.B. ALLARIZ 58-41 UNIVERSITARIO DE FERROL

SENIOR FEMININO - 18ª XORNADA: C.B. ALLARIZ 58-41 UNIVERSITARIO DE FERROL | Basket Femanino | Scoop.it

O Senior Feminino volta as andadas, volta a gañar.

O sábado, logo de gozar co xogo das verdinegras infantís, disputouse un partido entre o CB Allariz e o Universitario de Ferrol, no que o equipo local precisaba gañar para coller forzas cara os partidos vindeiros na loita pola permanencia.

O primeiro cuarto comezou con moito ritmo por parte das alaricanas que lograron q as ferrolanas tardaran en enchufar e meterse no partido, pero nada estaba perdido e as visitantes comezaron a coller fuelle, pero as verdinegras non baixaron o ritmo de cara o ataque tendo un parcial final niste primeiro cuarto de 20-15 a favor do equipo local.

Logo dun primeiro cuarto de ledicia as alaricanas non baixaron o ritmo, como de costume, e seguiron coa tónica de esforzo e xogo en equipo e lograron repoñerse a unha zona por parte do equipo ferrolán tendo un parcial final, a favor de 17-13.

Tras o descanso o ritmo do partido non baixou en canto a xogo e físico, pero baixou o acerto cara o aro por parte dos dous equipos aínda que as alaricanas levaron o marcador cara o seu lado tendo un parcial final de 8-5.

No derradeiro cuarto do encontro, que rematou coa vitoria das verdinegras, o xogo non parou e a ledicia chegou ao equipo local cunha vitoria importante ante un equipo que non deixou de loitar polo partido, rematando cun parcial de 13-8, e un marcador derradeiro de 58-41.

Destacar a importante aportación dende a bancada da aficción, encabezada polas rapazas do infantil feminino, que non parou de animar durante todo o encontro, levando ao equipo en volandas cara a vitoria

more...
No comment yet.
Scooped by sara_ticsMGB
Scoop.it!

Resultado mini Pío XII

Resultado mini Pío XII | Basket Femanino | Scoop.it

Ao Mini feminino de Irma pasoulle tres cuartos do mesmo que ás sénior. Logo de ir perdendo por 14 puntos no segundo cuarto ante Peleteiro, foron recortando aos poucos esa diferenza ata porse por diante no marcador. Os dous equipos chegaron empatados ao último cuarto pero as de Peleteiro anotaron tres triplos seguidos, que nin sequera chegaron a tocar aro, ante o que as de Irma pouco puideron facer. Primeira derrota no que vai de competición para as de Irma que non empaña a fenomenal tempada que o equipo está levando a cabo. O saber estar das xogadoras de Peleteiro en pista contrastou co nerviosismo dalgúns dos seus pais, empeñados durante todo o partido en facer as funcións encomendadas pola Federación Galega ao árbitro correspondente. Non viría mal que lle botasen unha ollada ao "Decálogo de boas prácticas no deporte" (editado polo Departamento de Deportes do Concello de Santiago) antes de asistir a un partido.

more...
No comment yet.