Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas
18 views | +0 today
Follow
Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas
Algunhas lecturas imprescindibles de gastronomía galega (Vía: http://www.gastronomiagalega.com)
Curated by carpetadelc
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by carpetadelc
Scoop.it!

Fina Casalderrey |

Fina Casalderrey | | Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas | Scoop.it

Naceu en Pontevedra, é mestra de profesión e escritora desde moi nova. É Coñecida sobre todo pola literatura infantil pero escribe sobre temas variados. Centrándonos na gastronomía, publicou libros de investigación de gran éxito como O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia escritos en colaboración con Mariano García. 

more...
No comment yet.
Scooped by carpetadelc
Scoop.it!

Emilia Pardo Bazán |

Emilia Pardo Bazán | | Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas | Scoop.it

Naceu na Coruña en 1851 no seo dunha familia aristocrática, da que herdaría posteriormente o título de condesa. O seu pai era un coñecido liberal e favoreceu a vocación literaria da súa filla co acceso dende nena á extensa biblioteca familiar. É considerada polos críticos a introdutora do naturalismo en España posuíndo unha longa produción bibliográfica. Tamén destacou como feminista e intelectual. A súa relación coa gastronomía limitase basicamente á escritura do libro La cocina española antigua porque segundo ela mesma dicía para cociñar xa estaban as criadas.

more...
No comment yet.
Scooped by carpetadelc
Scoop.it!

José Mª Puga y Parga (Picadillo) |

José Mª Puga y Parga (Picadillo) | | Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas | Scoop.it

 

Naceu o 23 de abril de 1874 en Santiago. Tras estudar dereito consigue a praza de xuíz municipal en Arteixo. Escribiu receitas de cociña no xornal coruñés "el noroeste" co seudónimo de "Picadillo". Por esa época tamén escribiu a súa obras máis coñecidas La Cocina práctica. En 1915 foi elixido alcalde de A Coruña. A sona de bo cociñeiro e comellón debe ser certa xa que chegou a pesar 220 quilos. Finou moi novo, no ano 18 en A Coruña, por mor da gripe.

more...
No comment yet.
Scooped by carpetadelc
Scoop.it!

Cristino Álvarez (Caius apicius) |

Cristino Álvarez (Caius apicius) | | Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas | Scoop.it

Naceu na Coruña, utiliza o seudónimo de "Caius Apicius" nas súas críticas gastronómicas. Foi designado premio "Alimentos de España" en medios de comunicación na modalidade mellor labor informativo continuado. Recibiu tamén o Premio Nacional de Gastronomía en 1991 e desde 1994 é membro da Academia Nacional de Gastronomía. En xaneiro de 1981 comezou a publicar os seus traballos gastronómicos na Axencia EFE. É colaborador habitual de revistas como "Sobremesa" e xornais como "La voz de Galicia".

more...
No comment yet.
Scooped by carpetadelc
Scoop.it!

Julio Camba |

Julio Camba | | Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas | Scoop.it

Naceu en Vilanova de Arousa en 1885 e faleceu en Madrid en 1962. Ós 13 anos emigrou á Arxentina, de onde foi expulsado anos mais tarde polas seus escritos, considerados perigosos para o réxime. Xa en España comezou a colaborar en diferentes xornais, destacando pola súa sátira e o seu fino sentido do humor. Sobre temas gastronómicos destaca La Casa de Lúculo o el arte del buen comer.

more...
No comment yet.
Scooped by carpetadelc
Scoop.it!

Álvaro Cunqueiro |

Álvaro Cunqueiro | | Galicia gastronómica (I): gastrónomos e lecturas | Scoop.it

Naceu en Mondoñedo (1911) e morreu en Vigo (1981). Dedicouse desde moi novo á literatura e ó xornalismo. A obra de Cunqueiro abrangue todos os xéneros . Á traxectoria como xornalista, novelista e gran fabulador súmase a de gastrónomo. O seu libro Cociña galega é un autentico manual de referencia dos nosos pratos.

more...
No comment yet.