Algo está cambiando...
2 views | +0 today
Follow
Algo está cambiando...
Chegabamos en Galicia ao século vinte, con bastantes cousas que contar...
Curated by Arrincamos!
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by Arrincamos!
Scoop.it!

Arrincamos!

Arrincamos! | Algo está cambiando... | Scoop.it

Benvidos e benvidas ao primeiro dos dezaseis scoop. it que ides facer ao longo do presente ano académico. Sei que é un pouco latoso de desenvolver pero xa veredes como ao final do ano notades a diferencia. Melloraredes a vosa capacidade de síntese e de expresión escrita e serviravos de repaso interactivo. Ánimo!

more...
No comment yet.
Scooped by Arrincamos!
Scoop.it!

Os problemas no campo...

Os problemas no campo... | Algo está cambiando... | Scoop.it

O foro é un tipo de contrato, especialmente agrario, de longa duración ou, eventualmente, perpetuo, polo que unha persoa ou institución lle cede a outra o uso ou proveito dunha cousa ou ben (xeralmente unha terra), a cambio do cumprimento de diversas condicións previamente estipuladas.

 

Trátase dunha fórmula de cesión de bens, normalmente de natureza agraria, que presenta grandes analoxías co censo enfitéutico, pola que un titular da riqueza (o concedente ou forista) lle cedía a outro (o concesionario ou foreiro) uns bens determinados, a cambio do pago dun canon ou renda, ademais doutras obrigas, que mudaron co paso do tempo. A súa figura xurídica supoñía a existencia dunha pluralidade de dominios, na que o forista retiña para si o dominio directo, mentres que o foreiro recibía o dominio útil da riqueza aforada. A duración destes contratos agrarios, dende o principio moi longa, fixouse por vidas de 3 voces (vidas de foreiros) ou de 3 reis e 29 anos máis. Pero, a diferenza da enfiteuse, o foro non era unha cesión perpetua e, polo tanto, non se podía redimir. Os bens aforados debían retornar, co seu correspondente dominio, ó titular do directo que, en todo caso, debía pagar as melloras ou perfeitos que o dominio útil ou foreiro fixera.

 

O territorio galego foi un dos espazos peninsulares nos que arraigou de forma máis clara esta práctica, aínda que, con este nome ou con outros semellantes (prazos, establecementos), se atopan cesións agrarias análogas en moitas rexións do norte de España e de Portugal, así como en Europa. Segundo os cálculos de autores do século XIX, a súa implantación en Galicia chegaría a afectarlles ás catro quintas partes da área cultivada. Só na antiga provincia de Mondoñedo, amais dalgunhas comarcas illadas do interior, tiñan relevancia outras formas, como os arrendos ou as parcerías.

 

Dende 1874 en adiante, ata 1926, sucedéronse varios proxectos de redención foral, que non lograron traducirse en leis (entre os máis coñecidos, o de Montero Ríos, en 1886, e o de Eduardo Vincenti, en 1907). O definitivo Código civil de 1889 estableceu a necesidade de que, por unha lei especial, se regulara a redención de foros. Publicáronse daquela textos xurídicos e históricos importantes sobre a cuestión foral (Murguía, Gil Villanueva, López de Lago, Pérez Porto, Lezón...), pero a decisión política de resolvela non chegou ata un decreto lei de 1926, froito da política agraria de Primo de Rivera, atenta á promoción do mercado interior e á posición dos produtores agrarios. O decreto de Primo de Rivera regulou definitivamente o termo dos contratos de foro mediante unha capitalización elevada das rendas, pero soportable pola inflación que se producira despois da I Guerra Mundial.

Nos anos posteriores a este decreto, incluídos os da II República que aliviaron algunhas partes do proceso de redención, tivo lugar a derradeira fase de eliminación do réxime foral, que legalmente culminou durante o franquismo.

 

Dende finais do século XIX, diversos feitos concorreron no debilitamento do foro. Os efectos da crise agraria de fins do século XIX foron demoledores para os rendeiros, que se viron desprotexidos ante o avance dos produtores directos. A mobilización dos campesiños galegos, organizados en sociedades e sindicatos agrarios, colocou a redención dos foros na dianteira das súas reivindicacións, logrando en moitos casos acordos particulares entre as comunidades de foreiros e rendeiros.

 

 

more...
No comment yet.
Scooped by Arrincamos!
Scoop.it!

Sociedade: Rosalía de Castro

Sociedade: Rosalía de Castro | Algo está cambiando... | Scoop.it

"Daquelas que cantan..."

 

Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837 en Camiño Novo, un arrabalde de Santiago de Compostela, sendo bautizada o mesmo día cos nomes de María Rosalía Rita.

 

Coa publicación de Cantares Galegos no ano 1863 acadouse o fito culmen do Rexurdimento das letras galegas, asemade marcouse un punto de inflexión na historia da literatura galega. Cun elevado exercicio lingüístico e literario, a escritora prestixiou ao galego como lingua literaria (aínda que esta lingua xa fora empregada para a creación literaria, como sucede coa lírica galaico-portuguesa) e reivindicou o seu uso. Ademais, por medio dos temas tratados en Cantares Gallegos, Rosalía outorga á súa obra un carácter sociopolítico reflectindo as duras e pésimas condicións baixo as que se atopaba a sociedade rural galega, ao mesmo tempo que reivindicaba á lingua galega fronte ao castelán, e a Galicia fronte a España.

 

Pódese dicir que Rosalía pretendeu defender e redescubrir á cultura e identidade galega, as cales foran obviadas pola ideoloxía centralista estatal. A pegada de Cantares Gallegos quedou reflectida tanto na posterior produción literaria como no mesmo pobo galego, que ao verse reflectido na obra rosaliana tomou conciencia da súa propia dignidade. O éxito do libro debeuse á extraordinaria conexión que existiu entra a escritora e as xentes do seu país, chegándose ao extremo de que o pobo chegou a asumir un gran número de poemas e estrofas como versos comunitarios.[12]

Con Follas novas Rosalía creou un universo novo e extremadamente persoal, no que o puro lirismo intimista acada a máis alta realización artística, alén das vivencias estéticas, nunha continua e angustiada pregunta sobre o sentido da existencia humana. A poesía que se recolle nesta obra revela a conflitividade dun mundo no que non existen valores eternos e verdades absolutas, e onde o ser humano atópase totalmente só. É a cosmovisión pesimista e angustiada a que transluce a crise de valores da sociedade capitalista fronte á seguridade da sociedade patriarcal, que aparece en descomposición pola acción daquela

more...
No comment yet.
Scooped by Arrincamos!
Scoop.it!

Acontecementos do momento: Galicia, España e Europa

...

more...
No comment yet.
Scooped by Arrincamos!
Scoop.it!

Lingua

Momento histórico, sociolingüístico...

 

more...
No comment yet.
Scooped by Arrincamos!
Scoop.it!

Páxinas Económicas...

Este é o lugar para facer unha breve síntese da economía

more...
No comment yet.