A romanización de Galicia
2.8K views | +0 today
Follow
A romanización de Galicia
Novas relacionadas coa pervivencia do legado romano na Gallaecia
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Suggested by Sofía Carballude
Scoop.it!

As festas sobreviven á crise coa supresión de actividades - A voz de Galicia (15/08/2012)

As festas sobreviven á crise coa supresión de actividades -  A voz de Galicia (15/08/2012) | A romanización de Galicia | Scoop.it

 

A Festa do Esquecemento viu minguado o orzamento a 10.000 euros. Carlos Gómez, concelleiro de Cultura de Xinzo, explica que «nesta época de austeridade apostamos por unha festa na que se implique a xente dá vila; reducimos algunhas actividades para poder axustarnos ó presuposto» (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Estefania Puga Torres
Scoop.it!

Romanos, castrexos e... moita festa - Faro de Vigo (25/09/2008)

Romanos, castrexos e... moita festa - Faro de Vigo (25/09/2008) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Todo segundo o guión previsto. Os romanos chegaron, cruzaron o río Lethes
-hoxe Limia- baixo o mando de Décimo Bruto e venceron na súa tradicional batalla os animosos castrexos que se fixeron fortes na outra beira. A localidade ourensana de Xinzo de Limia recreou onte unha parte da súa historia a través da Festa do Esquecemento, que cada vez conta con máis visitantes, que se apostaron nas dúas beiras do río para ver como llelas gastaban aqueles romanos (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Estefania Puga Torres
Scoop.it!

Festa do Esquecemento en Xinzo- Faro de Vigo (22/08/2011)

Festa do Esquecemento en Xinzo- Faro de Vigo (22/08/2011) | A romanización de Galicia | Scoop.it

E tivo que ser o propio cónsul, Décimo Xuño Bruto, que cruzase a canle fluvial, co estandarte na man, para convencelos, ao realizar un alarde de memoria de feitos acontecidos con anterioridade e chamar aos lexionarios polo seu nome, despois de proclamar con enerxía o seu propio, para que se convencesen de que se trataba dunha superstición sen fundamento (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Estefania Puga Torres
Scoop.it!

Celtas e romanos libran a batalla final na Festa do Esquecemento - Faro de Vigo (23/9/2009)

Celtas e romanos libran a batalla final na Festa do Esquecemento - Faro de Vigo (23/9/2009) | A romanización de Galicia | Scoop.it

(...) A capital da Baixa Limia converteuse durante estes días nun escenario marcado pola división político-cultural entre os partidarios da romanización da Gallaecia do ano 137 antes de Cristo e os férreos defensores do modo de vida autóctono, fielmente representado polas hostes castrexas, na novena edición da Festa do Esquecemento que hoxe finaliza en Xinzo tras atraer unhas 10.000 persoas (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Alexia Domínguez
Scoop.it!

«Nestes catro anos a Festa do Esquecemento creceu moito e xa é momento de deixar paso a outros- La Voz de Galicia (23/08/10)

«Nestes catro anos a Festa do Esquecemento creceu moito e xa é momento de deixar paso a outros- La Voz de Galicia (23/08/10) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Para Silvia Dopazo a do décimo aniversario é a derradeira edición da Festa do Esquecemento con ela de máxima organizadora exercendo a súa función como presidenta da asociación Civitas Limicorum. O anuncio feito polo actor Farruco Castromán en torno a gravación dunha película sobre celtas e romanos aproveitando a ambientación da festa quedará como o seu regalo de despedida. Grazas a esa iniciativa cinematográfica «Xinzo e a súa Festa do Esquecemento pasarán a historia», dixo ela sobre a nova ante os seus veciños.

more...
No comment yet.
Suggested by Alexia Domínguez
Scoop.it!

O Esquecemento ten un programa moi completo- La Voz de Galicia (18/8/09)

O Esquecemento ten un programa moi completo- La Voz de Galicia (18/8/09) | A romanización de Galicia | Scoop.it

A asociación Civitas Limicorum ten xa totalmente pechada a programación da Festa do Esquecemento, que este ano será do 21 ao 23 de agosto con importantes novidades. A súa presidenta, Silvia Dopazo, anima a participar na celebración en A Limia que congregará a miles de personas dada a súa popularidade e repercusión turística.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

A Festa do Esquecemento abriu as súas portas co mercado galaico-romano - A Voz de Galicia (18/08/2012)

A Festa do Esquecemento abriu as súas portas co mercado galaico-romano - A Voz de Galicia (18/08/2012) | A romanización de Galicia | Scoop.it

A actividade é frenética en Xinzo. A Festa do Esquecemento non deixará no día de hoxe nin un só minuto para o descanso, despois de que no día de onte a apertura do Macellum, mercado de produtos artesanais abrise as portas da nova edición (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Estefania Puga Torres
Scoop.it!

Xinzo tomada polas tropas de Berobreo - Faro de Vigo (30/09/2008)

Xinzo tomada polas tropas de Berobreo - Faro de Vigo (30/09/2008) | A romanización de Galicia | Scoop.it

A Centuria Romana de Berobreo, que dende hai dous anos desfila na Semana Santa de Cangas, acudiu como convidada á Festa do Esquecemento da vila ourensana de Xinzo de Limia. Os romanos desfilaron a través do río Limia, rememorando o momento no que as lexións de Decimo Julio Bruto o cruzaron mentres temían esquecer todo o que sabían (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Estefania Puga Torres
Scoop.it!

Xinzo acende o lume sagrado da X edición do Esquecemento - Faro de Vigo (21/9/2010)

Xinzo acende o lume sagrado da X edición do Esquecemento - Faro de Vigo (21/9/2010) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Xinzo de Limia celebra o seu tradicional 'Festa do Esquecemento', e onte inaugurouse o tradicional evento co prendido do lume sagrado, que marcou o inicio de dous días onde se poderá gozar de cultura e sabores latinos en toda a súa plenitude (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Estefania Puga Torres
Scoop.it!

Festa do esquecemento en Xinzo- Faro de Vigo (22/8/11)

Festa do esquecemento en Xinzo- Faro de Vigo (22/8/11) | A romanización de Galicia | Scoop.it

(...) As tropas romanas lograron cruzar o río Lethes, para emprender a conquista de Gallaecia, ata alcanzar Fisterra. Uns 150 guerreiros castrexos combateron bravamente contra o exército invasor, ata que foron aniquilados pola maquinaria de guerra imperial, na representación dun feito histórico -seguido durante tres días por máis de 4.000 persoas- que aconteceu no ano 138 antes de Cristo, nas pantanosas terras que rodeaban a Lagoa de Antela, envolvidas en terribles néboas que tempo atrás desorientaran e toleado a expedicións gregas (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Alexia Domínguez
Scoop.it!

O pobo tense que implicar na festa do Esquecemento- La Voz de Galicia (10/04/07)

O pobo tense que implicar na festa do Esquecemento- La Voz de Galicia (10/04/07) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Entrevista | Silvia Dopazo Expósito
A nova directiva do colectivo cultural que organiza a recreación histórica limiana decidiu volver a cambiar a data da celebración á segunda quincena de agosto.

pasado 23 de marzo a Silvia outorgáronlle a responsabilidade de dirixir o futuro do colectivo que en Xinzo organiza a recreación histórica da Festa do Esquecemento, a asociación Cívitas Limicorum que ten, por primeira vez na súa historia, a unha muller como presidenta. Unha circunstancia que, asegura, non lle provoca especial tensión.

 

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

Romanos e castrexos repiten a súa batalla na beira do mítico río Lethes - A voz de Galicia (23/08/2003)

Xinzo pecha o seu Festa do Esquecemento cun concerto do grupo Mondopetril.
Centenares de persoas participan desde o venres nesta festa de recreación histórica.

As tribos castrexas e as lexións romanas levan xa tres días de convivencia en Xinzo. Ata o momento todo foi como a seda e ambos os pobos compartiron festas como a do lume sacro, recepcións, xogos de circo, desfiles, danzas e ata unha cea de confraternidade. Pero hoxe todo cambiará.

more...
No comment yet.