A romanización de Galicia
2.8K views | +0 today
Follow
A romanización de Galicia
Novas relacionadas coa pervivencia do legado romano na Gallaecia
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

Leccións de resistencia - El Progreso (17/06/2013)

Leccións de resistencia -  El Progreso (17/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

O Arde Lucus é, ademais de festa, unha oportunidade para aprender. Os sorianos Tierraquemada, invitados por Trebas Galaicas, deron aplaudidas leccións de historia e explicaron por que Numancia, ao seu modo, conquistou Roma (..)

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

O Arde Lucus vaise con récord - A voz de Galicia (17/06/2012)

O Arde Lucus vaise con récord - A voz de Galicia (17/06/2012) | A romanización de Galicia | Scoop.it

O balance realizado polo Concello a últirma hora da tarde indica que o Arde Lucus tivo máis de medio millón de persoas participantes nos tres días, o que supón unha marca. A xornada de hoxe caracterizouse pola animación, cun claro protagonismo dos máis pequenos: o desfile de nenos e novos, alumnos de centros docentes da cidade, puxo unha nota de colorido e animación a unha celebración xa de seu espectacular. Rúas e prazas do recinto amurallado víronse alagadas por esta pacífica marea de romanos e castrexos (...)

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

O pobo pide máis sangue na area - El Progreso (16/06/2013)

O pobo pide máis sangue na area - El Progreso (16/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Os habitantes de Lucus Augusti reclamaron máis acción na sesión de circo celebrada onte. A aparición das bigas foi o máis celebrado nun espectáculo que arrincou cun pequeno incendio fortuíto no escenario.

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

O poder da fascinación - El Progreso (17/06/2013)

O poder da fascinación - El Progreso (17/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Unha espada, por máis que sexa de plástico, convértese nun arma que dispara a imaxinación do neno que a sostén. Acaba o Arde Lucus e entre as imaxes da festa hai moitas de nenos encandeados, que se ven a si mesmos como audaces espadachíns; dino as súas miradas.

Quizais sexa ese o motivo do éxito do Arde Lucus, que permite que moita xente soñe. Nas rúas de Lugo pódese aprender moita historia durante o festexo, pero as prazas son tamén unha especie de parque temático, onde todo é moi real e, xa que logo, para moitos tan emocionante ou máis que unha película ou un video-xogo.

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

E despois do Arde Lucus, ¿qué? - ElProgreso (12/06/2013)

E despois do Arde Lucus, ¿qué? - ElProgreso (12/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

(...) Pero o realmente preocupante é o que sucede cando acaba o Arde Lucus. A Domus do Mitreo, o museo arqueológico máis impresionante da cidade, non ten garantida apertura continua; as termas romanas, das máis grandes de Hispania, afloran grazas únicamente ao esforzo privado; o museo de San Roque (necrópole romana) leva máis de dous anos pechado; o acueducto de San Marcos está tapado por un manto vexetal; a muralla vai para tres anos sen luz, e a nove quilómetros de Lugo acaba de aparecer un xacemento da Idade de Bronce único en Galicia, do que apenas se sabe. A información facilitada pola Xunta é tan breve e vaga que deu lugar a interpretacións discutibles e acendeu alarmas quizais innecesarias.(...)

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

Caetra contará como novidade con un thermopolio no seu campamento - El Progreso (10/06/2013)

Caetra contará como novidade con un thermopolio no seu campamento - El Progreso  (10/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

As asociacións de recreación histórica de Lugo ultiman os preparativos para o Arde Lucus, onde, un ano máis, intentarán sorprender coas súas creacións. Caetra Lucensium, un colectivo que en maio cumpriu tres anos, montará no campamento da Tinería un thermopolium e unha fragua e ademais acuñará unha moeda, esta vez dedicada á ponte romana e ao río Minius (Miño en latín).

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

Os gladiadores chegan para Arde Lucus -El Progreso (07/06/2013)

Os gladiadores chegan para Arde Lucus -El Progreso (07/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

A vida e costumes dun dos grandes mitos da cultura romana pódese descubrir dende onte no Centrad, onde se inaugurou a mostra "Gladiadores, heroes da area"

O presidente da Diputación e a deputada de artesanía e deseño, José Ramón Gómez Besteiro e Regina Polín , abriron a mostra, que serve para seguir abrindo boca de cara ao Arde Lucus.

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

O desfile do domingo do Arde Lucus queda sen cabalos para evitar riscos - A voz de Galicia (08/06/2013)

O desfile do domingo do Arde Lucus queda sen cabalos para evitar riscos - A voz de Galicia (08/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

O comezo do Arde Lucus está xa ao virar a esquina e o Concello vai pechando os distintos e complexas frontes da organización desta festa. Onte reuniuse a xunta local de seguridade, e unha das medidas adoptadas foi a de suprimir a participación de cabalos no desfile previsto para as 14.00 horas do día 16, domingo, pola Rúa Nova e a Praza Maior, entre outras rúas e prazas.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

El Progreso - O Arde Lucus aposta pola renovación e a recreación histórica

El Progreso - O Arde Lucus aposta pola renovación e a recreación histórica | A romanización de Galicia | Scoop.it
O Arde Lucus, que se celebrará os días 14, 15 e 16 de xuño, aposta pola renovación. Cando vai alcanzar o seu décimoterceira edición, máis dunha cuarta parte das súas actividades, 55 das 192 programadas, son novidades, segundo anunciou onte a concelleira de cultura e turismo, Carmen Basadre (...)
more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

O Concello pretende usar o Arde Lucus para reivindicar o latín - A voz de Galicia (30/4/2013)

O Concello pretende usar o Arde Lucus para reivindicar o latín -  A voz de Galicia (30/4/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it
O programa cultural inclúe un concurso de relatos na lingua de Roma

A festa de ambientación romana Arde Lucus enraizou rápido e forte en Lugo, ata o punto de que hai quen considera que xa compite en protagonismo co San Froilán. Este ano, os prolegómenos da festa, o Lucus Cultural, inclúen unha ampla variedade de actividades. Unha delas, e non precisamente a máis cara, é novidade e resulta cando menos rechamante: un concurso de relatos en latín. Haberá desfile de moda, conferencias sobre distintos perfís do mundo romano en Lugo, talleres, exposicións e concurso de tapas e xantares (...)

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

A festa de ambientación romana Arde Lucus celebrarase os días 14, 15 e 16 de xuño

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, acaba de confirmar que no 2013 a festa de ambientación romana Arde Lucus celebrarase os días 14, 15 e 16 de xuño. Como novidades, este ano poderanse apuntar tamén mulleres para o Senado romano e o campamento, se así o queren as asociacións, poderá
seguir instalado ata o seguinte fin de semana.
O Concello conxelou o orzamento para esta festa, por 174.000 euros. Tamén nesta ocasión o Concello buscará o patrocinio de empresas privadas.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

Astures y romanos se promocionan en Arde Lucus - ileon.com (17/06/2013)

Astures y romanos se promocionan en Arde Lucus - ileon.com (17/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Una delegación de 15 personas miembros de la Asociación de Astures y Romanos de Astorga viajó el pasado fin de semana a Lugo donde participaron en la fiesta de Arde Lucus, homóloga de la astorgana.

Allí, tanto Astures como Romanos participaron en un desfile y en el acto de fundación de la ciudad en la tarde del sábado. Además, y a petición del Concello de Lugo, un grupo de la asociación realizó una escaramuza en la Plaza Mayor de Lugo con un gran éxito entre los espectadores.

Una forma más de promocionar la ciudad de Astorga así como la fiesta de recreación que se celebrarán entre el 25 y el 28 de julio.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

O dilema das gafas de Orozco - A voz de Galicia (18/06/2013)

O dilema das gafas de Orozco - A voz de Galicia (18/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Quen avogan polo rigor histórico, bótanse as mans á cabeza despois do que viron no Arde Lucus. As lentes e o reloxo de Orozco están, sen dúbida, no top ten da polémica. Tanto é así que xa hai correntes que aseguran que os romanos si levaban lentes ?non desde logo como as do alcalde- e outras advirten de que non. Mergullando na rede poden acharse cuestións curiosas e similares ás provocadas polo rexedor lucense. Así, por exemplo, aparecen referencias ao escandaloso fallo de ambientación na película Gladiator na que aparece unha espectadora con lentes de sol aplaudindo no coliseo (....)

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

Queimar o primeiro día - El Progreso (15/06/2013)

Queimar o primeiro día - El Progreso (15/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Lucenses e visitantes lanzáronse ás rúas do centro no inicio de festa. O macellum concentra toda a oferta precisa para dar os últimos toques ao traxe, mentres que a castra pasou pechada parte da tarde a raíz do incendio..

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

O Arde Lucus acende Lugo - La Voz de Galicia (15/06/2013)

O Arde Lucus acende Lugo - La Voz de Galicia (15/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

A mecha da diversión prendeu en Lugo. O Arde Lucus viviu onte a súa primeira xornada co bo tempo como aliado e cunha mestura de estilos e ambientes que animou o recinto amurallado e as rúas próximas desde media tarde. Lucenses e forasteiros mergulláronse a fondo no programa previsto, cunha animación que non facía senón aumentar a medida que se achegaba a noite.

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

Romanos e castrexos visitan o HULA para acercar Arde Lucus ós pacientes - ABC (13/06/2013)

Romanos e castrexos visitan o HULA para acercar Arde Lucus ós pacientes - ABC (13/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

Soldados romanos e habitantes dos castros próximos á cidade de Lugo visitarán esta tarde aos pacientes ingresados no Hospital Universitario 'Lucus Augusti' (HULA) en vésperas do inicio oficial da festa do Arde Lucus, declarada de Interese Turístico Galego, para "humanizar" o centro sanitario e achegar a celebración aos pacientes ingresados.

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

Lugo invitará ás súas festas ó piloto que sobrevoou a muralla durante un voo Madrid - A Coruña - El Progreso (06/06/2013)

Lugo invitará ás súas festas ó piloto que sobrevoou a muralla durante un voo Madrid - A Coruña - El Progreso (06/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

O alcalde de Lugo, José López Orozco, intentará falar personalmente co piloto de Iberia que o pasado luns pediu permiso durante un voo entre Madrid e A Coruña para desviarse un pouco da ruta e mostrar aos pasaxeiros a muralla romana da cidade, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

more...
No comment yet.
Suggested by Patricia Calviño
Scoop.it!

Lugo engrasa as armaduras romanas - O Correo Galego (09/06/2013)

Lugo engrasa as armaduras romanas - O Correo Galego (09/06/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

A cidade da muralla prepárase para retornar á época imperial//Celebrará a festa de Arde Lucus do 14 ó 16 deste mes// Son tres xornadas de pan e circo.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

A moeda do Arde Lucus será un As de bronce - A voz de Galicia (20/05/2013)

A moeda do Arde Lucus será un As de bronce - A voz de Galicia (20/05/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

O Arde Lucus 2013 tamén terá a súa moeda conmemorativa, como a tiveron pasadas edicións. Trátase dun As, en bronce, que acaba de ser presentado na casa consistorial pola concelleira de Cultura, Carmen Basadre, e Manuel Fernández Díaz, da Cohors III Lucensium, un dos colectivos máis representativos o Arde Lucus.

A moeda elixida corresponde aos anos 225 ao 217 a.c. A moeda é unha homenaxe ao deus Jano, de representación bifronte; é o deus dos cambios. Unha vez terminadas as festas, poderán ser cambiados por euros. Cada peza ten o valor de dous euros.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

O Arde Lucus encherá a cidade de case duascentas actuacións - A voz de Galicia (20/05/2013)

Lugo xa ten programa para o Arde Lucus, con case duascentas actividades entre os días 14 e 16 de xuño. A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación, que estará dispoñible proximamente en www.ardelucus.com. Entre as novidades deste ano está o espectáculo Arsdimicandi de gladiadores, actuacións para bebés ou unha nova versión do circo. As entradas para as actividades de pagamento (2 euros) poranse á venda o día 1.

more...
No comment yet.
Scooped by Alvaro P. Vilariño
Scoop.it!

Unha feira castrexo-romana en maio calentará motores para o Arde Lucus - El Progreso (26/04/2013)

Unha feira castrexo-romana en maio calentará motores para o Arde Lucus - El Progreso (26/04/2013) | A romanización de Galicia | Scoop.it

«Estamos quentando motores para o Arde Lucus e o mellor xeito de facelo é nun barrio animoso como o da Milagrosa», asegurou onte Valentín Arias, presidente da Asociación de Veciños da Milagrosa, durante a presentación no consistorio da Feira Castrexo-Romana, que organizan xunto con hostaleiros da zona os días 3, 4 e 5 de maio na Praza Agro do Rolo. (...)


more...
No comment yet.