DIRECCIÓN foto USC
527 views | +0 today
DIRECCIÓN foto USC
dp and lighting
Your new post is loading...
Your new post is loading...
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"Boardwalk Empire" ou como Scorsese renovou as series desde a tradición...

"Boardwalk Empire" ou como Scorsese renovou as series desde a tradición... | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

ambientada nun período histórico próximo a "The Knick", "Boardwalk Empire" [da que é produtor executivo Martin Scorsese] comparte con ela moi pouco desde os puntos de vista estético e de produción entre as dúas series; este artigo da A.S.C. (American Society of Cinematographers) explica como traballan os directores de fotografía responsables desta pequena obra maestra;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Bass + Hitchcock= a arte dos títulos

Bass + Hitchcock= a arte dos títulos | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

chámanlles "opening titles" ou "title sequence"; cando son sublimes, condensan nuns poucos planos o ton estético da película que vas ver e mergúllante nese universo paralelo que chamamos cine; o deseño dos títulos de crédito ou "film title design" ten un maestro chamado SAUL BASS e este post do blog [TheArtOfTitle.com] inclúe enlaces a algunha das súas mellores obras; 

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Para que (outras cousas) serve unha cinta métrica?

Para que (outras cousas) serve unha cinta métrica? | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

conceptos clave: "align the camera" e "match shots"...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

É posible converter a luz en materia?

É posible converter a luz en materia? | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it
a resposta, segundo un equipo de investigadores ingleses, é que SI; afirman que se conseguen os recursos que precisan poderían demostralo nun ano como moito; que implicacións tería isto para a dirección de fotografía e a iluminación?
more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Se so vas ler un post deste blog, procura que sexa este...

Se so vas ler un post deste blog, procura que sexa este... | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

Janusz Kaminski é un director de fotografía que traballa habitualmente con Spielberg; este post inclúe un estudo de caso do seu traballo no que se mesturan aspectos técnicos e -sobre todo- artísticos que raramente se expoñen con tanta claridade;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Por que "The Five C’s of Cinematography" non se parece a nada...

Por que "The Five C’s of Cinematography" non se parece a nada... | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

o autor do blog di que ten "aprendido máis con este libro que con calquera outro sobre dirección de fotografía" e explica por que...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Un foquista chamado... Harrison Ford!

Un foquista chamado... Harrison Ford! | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

O propio Harrison Ford admitíu nunha entrevista televisiva que era o 2º axudante de cámara nun documental sobre unha xira de The Doors. En contra do que poidamos supoñer, o señor Ford di que aquelo non tiña nada de glamuroso e que o máis probable é que a maioría do que el gravou estivese fora de foco...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

O incrible traballo de "visual effects" [VFX] en "The Great Gatsby" do director Baz Luhrmann

My name is Chris Godfrey and I was the VFX supervisor on the film. Baz has graciously agreed to let us release this 'before and afters' reel to show our peer…
more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

EIGIL BRYLD / director de fotografía de "House of Cards"

EIGIL BRYLD / director de fotografía de "House of Cards" | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

 

Fala o propio EIGIL BRYLD:

"David [Fincher] deseñou un tratamento que incluía evitar os zooms, nada de steadicam e nada de cámara en man. Todo tiña que estar moi composto e pensado para comunicar a impresión de poder e espazo. Quería que cada plano e cada composición atrapasen á audiencia co seu volume, peso, drama e escuridade".

[...]

A iluminación tiña que ser sinxela. O equipo tiña unha furgo acondicionada para levar obxectivos, cámaras e dollies e aparcábana preto dos decorados xa iluminados. Bryld quería descargar, colocar todo e estar rodando en 30 minutos. As fontes de luz propias da localización xogaban un papel importante e a elas engadíanse algúns aparellos específicos.

"A [miña] estratexia era deseñar esquemas de iluminación que nos permitisen rodar moi rápido e non ter que perder tempo recolocando aparellos de iluminación", di Bryld. "O principal era moverse moi rápido dun decorado a outro e ir lixeiro, cun equipo técnico o máis pequeno posible. O que máis facíamos era eliminar luz e manipular a que había para resaltar forma e textura. Queríamos traballar cunha clave baixa de luz para limitar a profundidade de campo, pero tamén por razóns prácticas. Os encargados de facer foco [focus pullers] tiñan que andar moi finos".

[...]

"Non queríamos un rollo super-retocado. [...] Calquera produción busca que a imaxe final sexa boa, pero nesta caso tamén tiña que parecer real. Preferimos a verosimilitude e non algo demasiado pulido ou cosmético".  

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"House of Cards" en NETFLIX: xogando cunha nova baralla

"House of Cards" en NETFLIX: xogando cunha nova baralla | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

FOTO: Time Ives (director de fotografía), Alan Coulter (director) e Kevin Spacey (protagonista e co-produtor executivo)

 

artigo sobre a serie "House of Cards" na web da DGA [directors guild of america]; explica como DAVID FINCHER dirixiu os 2 primeiros episodios, os que marcan o ton da serie, para, a continuación, coordinar a un grupo de directores que dirixiron cadanseus 2 episodios, para os que contaban cun total de 40 días [non 28 para cada un como dixen na clase]; este calendario está máis próximo a unha película de cine independente que a unha produción de televisión; ese tempo extra ten implicacións para o equipo de dirección de fotografía, que ten marxe para deseñar e executar unha iluminación e un coidado nas tomas maiores do habitual nunha serie de televisión; NETFLIX estreou os 13 capítulos da primeira temporada o mesmo día, unha xogada completamente nova nunha produción deste calibre; se investigas un pouco en internet, comprobarás que, a pesar dun investimento moi forte na serie (uns 100 millóns de dólares por 26 capítulos), a aposta resultou rendible para NETFLIX e marcou un camiño novo para outras canles e plataformas dispostas a aboradar este esquema de produción que permite/esixe un traballo de fotografía máis artístico do habitual nun traballo non cinematográfico;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Como se fixo "The Life of Pi"

Como se fixo "The Life of Pi" | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

"The Life of Pi" ten unha páxina web á altura da película; neste caso, comprobaredes como tamén se pode innovar no GUI [graphic user interface]: simple, efectivo e sorprendente... na páxina tedes vídeos sobre a utilización de imaxes sintéticas [COMPUTER-GENERATED IMAGERY ou CGI] con exemplos da rodaxe vs. o resultado final; 

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Se os efectos dixitais arruinaron o cine, tamen o fixeron o son e a cor?

Se os efectos dixitais arruinaron o cine, tamen o fixeron o son e a cor? | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

artigo do crítico MARK HUGHES no NEW YORK TIMES sobre a utilización dos efectos dixitais ou CGI [computer generated imagery] no cine; forma parte dun grupo de 4 artigos nos que se debate sobre o impacto da imaxe de síntese na produción audiovisual;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

SHOTCUT > editor de vídeo GRATIS

SHOTCUT > editor de vídeo GRATIS | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

SHOTCUT é un editor de vídeo GRATUITO para ordenadores windows, mac e linux; inclúe unha ferramenta para retoque de cor ["color grading"];

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"The Knick": Soderbergh como "cinematographer" e (case) todo o demáis...

"The Knick": Soderbergh como "cinematographer" e (case) todo o demáis... | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

7 días para cada capítulo, 70 días seguidos de rodaxe e 1 soa persoa para dirixir, iluminar, manexar e cámara e editar unha serie chea de talento; de todo iso parece capaz Steven Soderbergh...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Ser axudante de cámara pode ser o primeiro paso...

Ser axudante de cámara pode ser o primeiro paso... | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

...para comezar no cine; este post describe [de xeito exhaustivo] as ferramentas básicas dx axudante de cámara para os dous mundos da imaxe cinematográfica: o químico e o dixital;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

O vestido da discordia (I parte)

O vestido da discordia (I parte) | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

artigo de SLATE.com: "a visión [humana] é fundamentalmente ambigua, so que habitualmente non TAN ambigua"... "En contra da crenza popular, a nosa percepción correspóndese co que o cerebro entende que está a pasar no mundo exterior e non con como son realmente as cousas"... "O feito de que o cerebro está a construír constantemente un modelo da apariencia do mundo vale tamén para a percepción da cor. [O cerebro ten que identificar as cores] en diferentes condicións lumínicas"... "A mestura das diferentes lonxitudes de onda que chegan aos nosos ollos son interpretadas como cor polo cerebro, pero que parte ten que ver coa reflectancia do obxecto e canto inflúe a iluminación que o rodea?"... "O cerebro non está tan interesado na correcta representación dos tons como en identificar un obxecto aínda que as condicións lumínicas varíen de xeito extremo"... "O cerebro esfórzase en manter a 'constancia da cor', é dicir, recoñecer o mesmo obxecto con independencia da hora do día que sexa e iso faino razoablemente ben. En este difícil equilibrio no que o cerebro descarta determinadas lonxitudes de onda, temos que renunciar a algo e a consecuencia é que non somos moi bos calibrando o ton exacto dos obxectos. Unha superficie branca iluminada con luz vermella pareceranos obxectivamente vermella. A mesma superficie branca iluminada con luz azul pareceranos obxectivamente azul. Para poder recoñecer as dúas como a mesma superficie branca, a percepción subxectiva necesita descontar a cor da fonte de luz"... "[Na cor que percibimos] inflúe moitísimo o contexto"...

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"Lens Whacking" en VIMEO

"Lens Whacking" en VIMEO | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

"Lens whacking é un método de rexistro no que o obxectivo se separa do corpo de cámara, o cal altera as propiedades do enfoque e engade un toque vintage e onírico aos teus planos"

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

O nacemento do axudante de cámara

O nacemento do axudante de cámara | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

desde que Billy Bitzer se convertise no axudante de cámara de D. W. Griffith, estes profesionais [coñecidos como AC ou Camera Assistant] seguen a ocuparse do aspecto técnico para que os cámaras/directores de fotografía poidan centrarse na parte máis creativa;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

ARRI L7-C: o proxector LED que o ten todo

ARRI L7-C: o proxector LED que o ten todo | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

un proxector LED con temperatura de cor axustable [de 2.700 ata 10.000ºK], cor e saturación regulables, lente fresnel (de plástico!) e, por se todo isto non fose suficiente, non queima!!!

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Key light vs. fill light

Key light vs. fill light | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

compara os diferentes efectos da luz principal (key light) e do recheo (fill light) sobre a persoa iluminada neste pequeno xogo interactivo cortesía do fabricante LOWEL;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Que é o peor que lle pode pasar a un político alemán de visita en Israel?

Que é o peor que lle pode pasar a un político alemán de visita en Israel? | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

resposta: saír nunha foto cunha sombra que lembre o mostacho do innombrable... Pregunta: podería terse evitado isto se a iluminación fose menos dura?

more...
No comment yet.
Rescooped by carlos regueira from Digital Cinema Tools
Scoop.it!

Que significa "Killing your babies" en dirección de fotografía?

Que significa "Killing your babies" en dirección de fotografía? | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

Posted by Vincent Laforet on May 21, 2013

 

KILLING YOUR BABIES: "editing out your favorite / gorgeous shots in favor of what’s best for the edit/flow of a piece", é dicir, sacrificar na fase de edición eses planos que che quedaron tan ben cando os gravaches porque non acaban de encaixar no fluir da historia.

 


Via Thierry Saint-Paul
more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"House of Cards": como se fixo o [timelapse] da cabeceira

"House of Cards": como se fixo o [timelapse] da cabeceira | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

ALEX MARAGOS, responsable dos timelapse que serven como cabeceira de "CASTELO DE NAIPES": 

"unha das produtoras executivas da serie chamoume e preguntoume se me importaría verme con DAVID FINCHER; eu crin que estaba de coña, pero resulta que non" [...]

"comezamos a gravar [as secuencias para os créditos iniciais] en marzo e rematamos en agosto [...] usamos varias cámaras CANON gravando ao mesmo tempo para facilitar transicións e mestura de diferentes exposicións e temperaturas de cor [...] e hai outros métodos que usamos, pero por agora son un segredo";

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

Hitchock en 3D no ano 1953

Hitchock en 3D no ano 1953 | DIRECCIÓN foto USC | Scoop.it

artigo de DAVID BORDWELL [si, segue vivo] na súa páxina web sobre a película que aquí coñecemos como "Crime Perfecto"; no texto tedes referencias sobre as dificultades e solucións da rodaxe en 3D [como o teléfono xigante da foto], os recursos que AH empregou para superar as limitacións dunha única localización, a maneira en que supera o modelo de teatro gravado e "penetra" no espazo escénico ou os tipos de plano utilizados; na clase vimos o uso do foco variable ["selective focus"], o tipo de iluminación e o peso dos diferentes elementos na composición dos planos;

more...
No comment yet.
Scooped by carlos regueira
Scoop.it!

"Side by Side" [o documental]

a mellor hora e media que podedes "perder" nun documental sobre dirección de fotografía; a súa aproximación ao asunto parte das diferencias entre o soporte fotosensible tradicional e os novos fluxos de traballo dixitais; participan luminarias do negocio como CRISTOPHER NOLAN, STEVEN SODERBERGH e DAVID FINCHER e ten unha breve aparición VITTORIO STORARO, probablemente o director de fotografía vivo máis recoñecido.

more...
No comment yet.