Dado o interese deste material de apoio ás bibliotecas escolares, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tramitou diante das institucións responsables a oportuna autorización para a súa publicación en galego. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na tradución, preséntase agora esta versión galega da guía, en edición conxunta do ministerio e a FGSR: BIBLIOTECAS ESCOLARES ¿ENTRE INTERROGANTES? FERRAMENTA DE AUTOAVALIACIÓN. Preguntas e indicadores para mellorar a biblioteca.
|
|
 |
2
|
 |
|
O DOG do 7 de maio fai pública a ORDE do 26 de abril de 2012 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitsaria,...
|
|
 |
0
|
 |
|
"Marco de referencia para las bibliotecas escolares", un documento publicado polo Ministerio de Educación (2011), como orientación dirixida á comunidade educativa, principalmente responsables de políticas educativas, técnicos e asesores docentes que deben por en marcha, asesorar, ou avaliar as bibliotecas dos centros de ensino.
Via Cristina Novoa
|
|
 |
0
|
 |
|
Queremos visibilizar unha serie de páxinas que contan con recursos interesante para as bibliotecas escolares.Páxinas que nos chegan, neste caso, a través do blogue Lecturo LiteraTuro da biblioteca do CPI O Progeso de Catoira.Trátase da páxina...
|
|
 |
0
|
 |
|
Acabas de comprar un e-reader o estás pensando seriamente en dar el salto a la lectura digital. Supón que ya tienes el aparato en tu poder.
|
|
 |
0
|
 |
|
Nova entrega da campaña de fomento da lectura do IES LAMA DAS QUENDAS, de Chantada (Lugo). Parabéns por implicar á comunidade, por contar coa xente, e aproveitar a retranca, o humo propio, esa sabedoría...
|
|
 |
0
|
 |
|
Desde o CEIP A Pedra (Bueu, Pontevedra) chégannos noticias doces: OS CANAPÉS LITERARIOS, unha actividade de fomento da lectura das que "abren" as gañas de ler.
|
|
 |
0
|
 |
|
Un ano máis, os mozos e mozas de ESO do IES Poeta Díaz Castro (Guitirz, Lugo) aproveitan o Día do Libro para visitar colexios próximos (Lagostelle, Parga, A Castellana) e facer unha intervención lectora coas nenas e nenos de Infantil e 1º Ciclo...
|
|
 |
0
|
 |
|
Co desenvolvemento dos Proxectos Lectores de Centro nos últimos anos, son moitas as bibliotecas escolares que inclúen actividades destinadas directamente ás familias ou nas que estas teñen total protagonismo. Nestes días, e co gallo da celebración do Día Mundial do Libro, chégannos noticias de varias destas actividades, que pola súa diversidade e polo seu interese, salientamos aquí: EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): NA SEMANA DO LIBRO ABRIMOS A BIBLIO... A CONTACONTOS (as nais como narradoras) CEIP Quintela (MOaña, Pontevedra): As nais colaboradoras da biblioteca preparan agasallo sorpresa pra o Día Mundial do Libro. CEIP de Foz nº 1 (Foz, Lugo): TEATRO NO DÍA DO LIBRO: O BELO DURMINTE (As nais e os pais fan teatro)
|
|
 |
0
|
 |
|
Unha forma de celebrar o Día do Libro: compartindo lectura.
|
|
 |
0
|
 |
|
"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundo e outras vidas".
|
|
 |
0
|
 |
|
Abril é o mes no que os libros e a lectura está máis presente, como chamada de atención sobre a importancia dunha actividade que é esencial na formación do alumnado como cidadáns activos e críticos, como estudantes eficaces, como persoas felices.
|
|
 |
0
|
 |
|
|
Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.
|
|
 |
1
|
 |
|
Intervención de Mireia Manresa nunha xornada sobre o gusto pola lectura, na Universitat Autònoma de Barcelona, o pasado 27 de abril.
|
|
 |
0
|
 |
|
O blogue A ESPERELA, da Biblioteca escolar do IES O Mosteirón (Sada, A Coruña) recolle a crónica dunha experiencia educativa en toda regra, da que participaron os alumnos e alumnas de 3º e 4ª de ESO e 1º de BAC: a visita de Martín Varela Dourado,...
|
|
 |
0
|
 |
|
Segundo se achega a data do 17 de maio vanse multiplicando as actividades nos centros educativos, a maioría das veces froito da colaboración entre os equipos de Biblioteca, Normalización Lingüística e TIC, un bo exemplo de que a integración dos...
|
|
 |
0
|
 |
|
Os mozos e mozas do IES Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra), levan xa tres anos con esta experiencia de lecturas compartidas coas nenas e nenos de centros próximos.
|
|
 |
0
|
 |
|
Os mozos e mozas do Club de lectura AS ZOCAS FALADORAS, do IES de Poio (Pontevedra) levan xa dous anos participando nun programa ARCE con outros centros de Murcia, Madrid e Canarias.
|
|
 |
0
|
 |
|
As mozas e mozos do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra) tamén exercen de madriñas e padriños de lectura, desta vez co alumnado do CEIP Antonio Palacios, do mesmo concello, coa colaboración da Biblioteca Escolar deste centro e da...
|
|
 |
0
|
 |
|
Libros na Aula de Música, música na Biblioteca... Mozas e mozos do IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) recomendan (á súa maneira) libros de ópera que veñen de ler coa guía do profesorado de Música.
|
|
 |
0
|
 |
|
La revista leer.es dedica su último número del mes de marzo a las bibliotecas escolares, con el subtítulo significativo de biblioteca escolar y nuevas alfabetizaciones. En el contexto digital, las bibliotecas escolares ...
|
|
 |
1
|
 |
|
Os mozos e mozas do Club de Lectura do IES Alexandre Bóveda, de Vigo, realizaron unha ruta literaria por terras de Celanova, cos poemas de Celso Emilio Ferreiro como "materia" de lectura.
|
|
 |
0
|
 |
|
Os días 19 e 20 de abril de 2012 tiveron lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012, coa participación de responsables de bibliotecas de 306 centros dos 449 que conforman este programa no presente curso. En breve estarán dispoñibles os vídeos de boa parte das sesións, así como un vídeo resume das dúas xornadas. Todos os materiais (presentacións dos diferentes relatores e informacións adicionais) están dispiñibles na aula virtual habiliada, a través desta LIGAZÓN (pódese entrar como convidado).
|
|
 |
0
|
 |
|
Os mediadores de lectura, o profesorado e as familias que acompañan aos novos lectores na súa formación como tales, son imprescindibles.
|
|
 |
0
|
 |
|
Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro - 2012, edítase un novo marcapáxinas que inclúe, desta vez, un texto-agasallo de Agustín Fernández Paz, OS RÍOS DA VIDA, escrito para esta ocasión por un dos autores más lidos por grandes e pequenos no noso país, e recoñecido a nivel internacional.
|
|
 |
0
|
 |
|
|